O Gaiás acolle hoxe e mañá o I Hackathon Big Data & Analytics organizado por HPE e a Amtega

O Gaiás acolle hoxe e mañá o I Hackathon Big Data & Analytics organizado por HPE e a Amtega

O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Situm Technologies, acolle hoxe e mañá a primeira edición do Hackathon Big Data & Analytics HPE, que se celebra na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia.

A conexión a internet nos fogares galegos con nenos e estudantes roza o 90%

A conexión a internet nos fogares galegos con nenos e estudantes roza o 90%

Ao redor do 90% dos fogares con nenos e/ou estudantes conta con acceso a Internet a través de banda larga. A contratación deste servizo é especialmente frecuente cando conviven estudantes maiores de 16 anos, superando en mais de 22 puntos porcentuais ao resto de fogares galegos.

Estes son algúns dos datos extraídos dunha nova edición do estudo temático “A mocidade e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Mar Pereira destaca o papel chave do sector TIC para avanzar na transformación dixital de Galicia

Mar Pereira destaca o papel chave do sector TIC para avanzar na transformación dixital de Galicia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou esta mañá a xornada de presentación de casos de éxito organizada polo Clúster TIC Galicia para difundir o labor que están a desenvolver as empresas socias dentro e fóra da Comunidade.

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para que as pemes galegas accedan a servizos de dixitalización empresarial e da industria 4.0

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para que as pemes galegas accedan a servizos de dixitalización empresarial e da industria 4.0

Xa está aberta a segunda convocatoria do Programa Reacciona TIC, impulsado polo Igape e a Amtega, para facilitar ás pemes o acceso a un catálogo de máis de 400 servizos orientados á súa modernización e innovación. As empresas interesadas poderán acceder, a prezos reducidos, ao asesoramento de axentes colaboradores especializados en procesos de dixitalización e solucións 4.0. As solicitudes poden presentarase de forma telemática na web do Igape.

A Rede CeMIT conectará a máis de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

A Rede CeMIT conectará a máis de 1.600 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

Máis de 1.600  alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Os escolares de Educación Infantil de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula.

Por toda Galicia

Arranca a primeira edición de “Connecting for good Galicia”, o centro de Vodafone e a Xunta que impulsa a innovación social dixital desde o Gaiás Escoitar

Arranca a primeira edición de “Connecting for good Galicia”, o centro de Vodafone e a Xunta que impulsa a innovación social dixital desde o Gaiás Escoitar

O programa “Connecting for Good Galicia” iniciou hoxe a súa andaina no Gaiás coa benvida institucional aos seis proxectos emprendedores de innovación social que integran a primeira edición desta iniciativa, impulsada pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia.

O CDTIC da Amtega organiza tres sesións para dar a coñecer as axudas á dixitalización empresarial do programa reacciona TIC

O CDTIC da Amtega organiza tres sesións para dar a coñecer as axudas á dixitalización empresarial do programa reacciona TIC

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza tres xornadas para dar a coñecer, a través de casos prácticos, as axudas para os servizos de dixitalización empresarial que ofrece o programa Re-acciona TIC, impulsado pola Amtega e o Igape.

A convocatoria do Programa Primare da Xunta para impulsar un sistema de inspeccións intelixentes e unha xestión dixital do agro recibe 30 solucións innovadoras

A convocatoria do Programa Primare da Xunta para impulsar un sistema de inspeccións intelixentes e unha xestión dixital do agro recibe 30 solucións innovadoras

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe o II Workshop do Programa Primare, durante o cal agradeceu a implicación e o traballo realizado aos 48 axentes que presentaron un total de 30 propostas á consulta preliminar ao mercado do Programa. Esta iniciativa, que desenvolven a Amtega e a Consellería do Medio Rural, busca definir un modelo de Inspeccións intelixentes avanzadas vinculadas ás axudas da Política Agraria Común (PAC) e ofrecer servizos de valor engadido para mellorar a competitividade do ámbito agrícola.

A Amtega e os clusters TIC e do audiovisual galego celebran en xaneiro “DICO Summit 2017”

A Amtega e os clusters TIC e do audiovisual galego celebran en xaneiro “DICO Summit 2017”

A difusión das últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos son dous dos obxectivos de DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un evento promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC.