A Xunta organiza un ciclo de webinars para afondar nas vantaxes dos servizos ReAcciona e ReAcciona TIC

A Xunta organiza un ciclo de webinars para afondar nas vantaxes dos servizos ReAcciona e ReAcciona TIC

A Xunta, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza un ciclo de webinars para difundir os servizos que ofrecen os programas ReAcciona e ReAcciona TIC, cuxas vixentes convocatorias están abertas ata o día 28 de febreiro.

A Amtega presenta o 7 de marzo a III edición do programa CeMIT-Innova, baixo o lema ‘facendo que as cousas ocorran’

A Amtega presenta o 7 de marzo a III edición do programa CeMIT-Innova, baixo o lema ‘facendo que as cousas ocorran’

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o vindeiro 7 de marzo, en horario de 9:30 a 13:00 horas, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a presentación da terceira edición do Programa CeMIT-Innova.

A Amtega e a Fundación Vodafone impulsan o uso dos smartphones e tablets entre as persoas maiores a través de rede CeMIT

A Amtega e a Fundación Vodafone impulsan o uso dos smartphones e tablets entre as persoas maiores a través de rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Fundación Vodafone, pon en marcha preto de 50 actividades formativas en diversas localidades con aula CeMIT destinadas a introducir principalmente ás persoas maiores de 45 anos no manexo dos teléfonos móbiles “intelixentes” e das tablets, así como nos seus diferentes usos e aplicacións.

Máis de 480.000 persoas empregan as 25 aplicacións da Xunta de Galicia

Máis de 480.000 persoas empregan as 25 aplicacións da Xunta de Galicia

As 25 aplicacións da Xunta de Galicia acumulan arredor de 483.000 descargas. A Administración autonómica vén de renovar a páxina de acceso aos seus servizos en mobilidade, accesible a través do portal corporativo http://www.xunta.gal/aplicacions-mobiles. As aplicacións están agrupadas en dez categorías e pódense realizar buscas por temas e sistemas operativos nos que estean dispoñibles.

A AMTEGA pon en marcha a terceira edición de CeMIT-Innova para impulsar iniciativas de innovación social dixital en dez aulas da rede

A AMTEGA pon en marcha a terceira edición de CeMIT-Innova para impulsar iniciativas de innovación social dixital en dez aulas da rede

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) Alfredo García, presentaron esta mañá en Santiago a terceira convocatoria do Programa CeMIT-Innova.

Máis de 70 concellos formalizaron en tres meses a súa adhesión á Historia Social Única Electrónica da Xunta

Máis de 70 concellos formalizaron en tres meses a súa adhesión á Historia Social Única Electrónica da Xunta

Máis de 70 concellos formalizaron a súa adhesión á Historia Social Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.

Os polígonos industriais de Padrón e Oroso contan con acceso a Internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Os polígonos industriais de Padrón e Oroso contan con acceso a Internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Os polígonos industriais de A Picusa (Padrón) e Sigüeiro-Oroso pequeno (Oroso) xa teñen acceso a redes ultrarrápidas de ata 350Mbps. Son dúas das 17 superficies empresariais que xa se beneficiaron do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A primeira actuación do Plan, cuxo adxudicatario foi o operador R, ten como obxectivo despregar redes ultrarrápidas en 81 polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.

A Amtega, en colaboración coa FEGAMP e o Consello Superior de Letrados de Comunidades Autónomas, celebra o 23 e 24 de marzo o II Encontro sobre Administración Electrónica

A Amtega, en colaboración coa FEGAMP e o Consello Superior de Letrados de Comunidades Autónomas, celebra o 23 e 24 de marzo o II Encontro sobre Administración Electrónica

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e co Consello Superior de Letrados e avogados de Comunidades Autónomas, celebran os días 23 e 24 de marzo, na Cidade da Cultura, o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos cidadáns".

A porcentaxe de galegos de 55 a 64 anos que emprega Internet increméntase do 30% ao 50% en catro anos

A porcentaxe de galegos de 55 a 64 anos que emprega Internet increméntase do 30% ao 50% en catro anos

O  50% dos galegos con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, fronte a un 29,4% que afirmaron utilizalo no ano 2012. No tramo de idade dos 65 aos 74 anos o uso de internet tamén crece e sitúase no 21%. Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do estudo “Os Maiores e as TIC”.

A Amtega convoca máis de 500 prazas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Amtega convoca máis de 500 prazas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 500 prazas obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc) xa posúen os coñecementos necesarios no manexo das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice