O Igape salienta o potencial do sector TIC para mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas galegas

O Igape salienta o potencial do sector TIC para mellorar a competitividade e a internacionalización das empresas galegas

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe o potencial do sector TIC para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas, no seu camiño cara a Industria 4.0, e para reforzar, ao mesmo tempo, os seus avances na internacionalización.

Red.es publica a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas, que dotará a 820 centros educativos públicos galegos de conexións de máis de 100 Mbps a finais de 2017

Red.es publica a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas, que dotará a 820 centros educativos públicos galegos de conexións de máis de 100 Mbps a finais de 2017

A entidade pública estatal Red.es vén de facer pública a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas para Galicia, que permitirá dotar de conexións ultrarrápidas a 820 centros educativos públicos. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que ao remate de 2017, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas.

A Xunta impulsa a innovación tecnolóxica dos sectores primarios de Galicia coas iniciativas do programa Primare

A Xunta impulsa a innovación tecnolóxica dos sectores primarios de Galicia coas iniciativas do programa Primare

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, puxo en marcha o Programa Primare para impulsar a innovación dos sectores primarios galegos. Así o expuxo hoxe o director da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais de Amtega, Carlos Vázquez, na presentación do Polo de Innovación dixital para o sector agro-alimentario galego da Universidade de Santiago de Compostela e Gradiant.

O CDTIC da Amtega organiza unha sesión demostradora sobre unha ferramenta para controlar os prezos de venda en liña

O CDTIC da Amtega organiza unha sesión demostradora sobre unha ferramenta para controlar os prezos de venda en liña

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 18 de outubro unha sesión demostradora que leva por título “Control dos prezos en liña. Controla competidores ou vendedores dos teus produtos en tempo real con Boardfy” (https://cdtic.xunta.gal/boardfy) e que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 17.00 a 19.00 horas.

Os cidadáns poderán solicitar o servizo Chave 365 en centros de saúde e hospitais do Sergas

Os cidadáns poderán solicitar o servizo Chave 365 en centros de saúde e hospitais do Sergas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que habilita aos centros de saúde e hospitais do Sergas como centros acreditadores do servizo Chave 365, que permite, entre outras funcionalidades, a consulta e xestión de datos clínicos e persoais no teléfono móbil ou na tablet a través da plataforma É-Saúde (https://esaude.sergas.es).

A robótica centrará o novo faladoiro dixital organizado polo Cpeig e a Amtega

A robótica centrará o novo faladoiro dixital organizado polo Cpeig e a Amtega

Lugo acolle o vindeiro 18 de outubro o novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro centrarase na robótica e desenvolverase na aula CeMIT da cidade, situada na Praza do Castiñeiro, de 10.00 a 14.00 horas.

O Centro Demostrador TIC de Amtega organiza unha xornada sobre a seguridade dos datos nas pemes

O Centro Demostrador TIC de Amtega organiza unha xornada sobre a seguridade dos datos nas pemes

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza o día 20 de outubro o seminario “Os datos da miña peme, están seguros?” (https://cdtic.xunta.gal/seguridade-peme) que se impartirá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 17.00 a 20.00 h.

Escolares de Santiago aprenden a programar videoxogos con Scratch, nun obradoiro organizado polo Cpetig e a Amtega

Escolares de Santiago aprenden a programar videoxogos con Scratch, nun obradoiro organizado polo Cpetig e a Amtega

Un grupo de 13 escolares de Santiago, con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos, participaron hoxe, acompañados polos seus pais ou nais, nun taller práctico de aprendizaxe para programar videoxogos con Scratch que tivo lugar na Biblioteca da Cidade da Cultura, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática, CPETIG, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Cabomar Conxelados e Wekab son as protagonistas das novas vídeo-experiencias TIC que Amtega publica en Youtube

Cabomar Conxelados e Wekab son as protagonistas das novas vídeo-experiencias TIC que Amtega publica en Youtube

Xa están dispoñibles na canle de YouTube da Amtega dúas novas vídeo-experiencias do ciclo posto en marcha polo Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para mostrar como a transformación dixital das pemes axuda a mellorar a súa eficiencia e a súa competitividade. Trátase de Wekab, unha plataforma especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego, e Cabomar, empresa situada en Marín especializada en produtos do mar conxelados tanto ao natural como elaborados.

Provedores TIC galegos recibirán máis de 1,8 millóns de euros do estado para o desenvolvemento de solucións cloud

Provedores TIC galegos recibirán máis de 1,8 millóns de euros do estado para o desenvolvemento de solucións cloud

Un total de 44 empresas TIC galegas recibirán 1,8 millóns de euros do "Programa para o fomento da oferta Cloud”, convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es. Galicia convértese nunha das comunidades con maior número de beneficiarios, o que dá conta da aposta do sector TIC galego polas tecnoloxías Cloud Computing.