A internet das cousas centrará un novo faladoiro dixital organizado pola Amtega e o Cpeig en Vigo
A internet das cousas centrará un novo faladoiro dixital organizado pola Amtega e o Cpeig en Vigo
Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o vindeiro 28 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.
A xornada abordará a Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) coa participación de expertos na materia e desenvolverase na sede de Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, no Edificio CITEXVI, local 14, no Campus Universitario de Vigo.