O 10 por cento das descargas actuais da aplicación de parques naturais de Galicia realizáronse durante a celebración de Fitur
O 10 por cento das descargas actuais da aplicación de parques naturais de Galicia realizáronse durante a celebración de Fitur
A aplicación para dispositivos móbiles sobre os parques naturais de Galicia posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rexistrou preto de 1.000 descargas durante a celebración da Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, os pasados 18, 19, 20, 21 e 22 de xaneiro. Na actualidade, esta aplicación leva contabilizadas un total de 9.189 descargas entre os sistemas App Store e Android.