O Concello de Padrón, en colaboración coa Amtega, celebra un Hackatón solidario para adaptar os computadores da aula CeMIT ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Padrón, en colaboración coa Amtega, celebra un Hackatón solidario para adaptar os computadores da aula CeMIT ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, visitaron hoxe o I Hackatón Solidario “Intro para todos” que busca mellorar a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.

A Xunta incrementará un 14% o investimento en tecnoloxía en 2016 para promover un crecemento dixital inclusivo en Galicia

A Xunta incrementará un 14% o investimento en tecnoloxía en 2016 para promover un crecemento dixital inclusivo en Galicia

O vindeiro ano a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementará en máis dun 14% o investimento en tecnoloxía, destinando 65,5 millóns de euros a desenvolver iniciativas das cinco liñas estratéxicas da Axenda Dixital 2020. Así o indicou a directora do departamento autonómico, Mar Pereira, durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar as contas da Axencia para 2016.

O vindeiro 25 novembro o Centro Demostrador TIC da Amtega abordará as vantaxes que as tecnoloxías en mobilidade achegan ás empresas

O vindeiro 25 novembro o Centro Demostrador TIC da Amtega abordará as vantaxes que as tecnoloxías en mobilidade achegan ás empresas

O Centro Demostrador TIC, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster TIC, organiza o día 25 de novembro nas súas instalacións a xornada “Smartpeme, peme móbil e conectada” (https://cdtic.xunta.es/xornada-mobilidade). O número de prazas é limitado, polo que para asistir é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/xornada-mobilidade.

Conde destaca que a formación tecnolóxica dos traballadores será clave para adaptar Galicia á industria 4.0

Conde destaca que a formación tecnolóxica dos traballadores será clave para adaptar Galicia á industria 4.0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a formación tecnolóxica dos traballadores será clave para que Galicia se adapte á Industria 4.0, que pivota en torno á implantación da fábrica intelixente. Conde participou na xornada Vuelve el mundo que viene, organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección no marco do programa da Xunta Capacita, e que contou con representantes de empresas como Google, General Electrics ou Linkedin, ademais de institucións como o Real Instituto Elcano.

A Xunta dotará ao longo dos dous vindeiros anos o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria dunha conexión a Internet de 100 megas

A Xunta dotará ao longo dos dous vindeiros anos o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria dunha conexión a Internet de 100 megas

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria de Galicia, máis de 1.200, contarán cunha conexión a internet de 100 megas a finais de 2017. Xa a finais do 2016, esta porcentaxe chegará ao 31%.

Segundo informou na rolda de prensa do Consello a intención da Xunta é mellorar o acceso á rede en todos os centros educativos da comunidade para que lles permita explorar mellor as posibilidades do ensino dixital

A Xunta publica unha aplicación coa Axenda de Cultura de Galicia

A Xunta publica unha aplicación coa Axenda de Cultura de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaban de publicar unha nova aplicación que permite consultar os eventos da Axenda de Cultura de Galicia en calquera momento e lugar desde un smartphone ou tableta.

Esta nova ferramenta, que ofrece todas as actividades culturais que se publican na axenda do portal cultura.gal, está xa dispoñible en galego e castelán para dispositivos con sistema operativo IOS e Andoid.

Xunta e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática colaboran para botar a andar a App `Escapp´ para axudar ás mulleres vítimas da violencia de xénero

Xunta e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática colaboran para botar a andar a App `Escapp´ para axudar ás mulleres vítimas da violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, para botar andar a Escapp, unha aplicación especifica para axudar ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Feijóo subliña a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade

Feijóo subliña a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou na entrega dos IX Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para así favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade.

A Xunta destaca que a RIS3 permitirá reforzar a posición de Galicia como un dos referentes europeos na innovación en saúde

A Xunta destaca que a RIS3 permitirá reforzar a posición de Galicia como un dos referentes europeos na innovación en saúde

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela (GAIN), salientou hoxe na apertura da Mesa Temática Interrexional sobre saúde e I+D+I que se celebra hoxe e mañá en Santiago que a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia permitirá reforzar a posición da comunidade como referente europeo na innovación en saúde.

Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia

Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia

A Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia, aproveitando o peso e a capacidade innovadora da empresa tractora de telecomunicacións para adaptar á comunidade á nova revolución industrial. Como primeiro paso desta colaboración entre a Xunta e a multinacional, a compañía organizou en Santiago a xornada Industria Conectada 4.0, novos modelos de negocio, que abordou o efecto desa renovación tecnolóxica en sectores como a automoción e o forestal.