Comeza a II edición da iniciativa Galicia Open Future, impulsada por Telefónica e a Xunta
Comeza a II edición da iniciativa Galicia Open Future, impulsada por Telefónica e a Xunta
Telefónica vén de abri o prazo de inscrición para participar na segunda edición de Galicia Open Future, o gran centro de emprendemento galego impulsado en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía e Industria, e que ofrece a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea co obxectivo de impulsar a xeración de riqueza e o emprego en Galicia.