A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla, ademais, accións formativas sobre Seguridade Informática e seminarios de Scratch.

Informática xudicial e delitos informáticos

Ourense será a primeira cidade española en contar cos servizos de 4G en banda 800 MHz de Vodafone

Ourense será a primeira cidade española en contar cos servizos de 4G en banda 800 MHz de Vodafone

O próximo 20 de xullo Ourense converterase na primeira cidade española á que Vodafone dotará de cobertura 4G sobre a banda 800MHz. Con este anuncio o operador, un dos asinantes do Pacto Tecnolóxico de Galicia, reafirma o seu compromiso coa Comunidade, iniciando no territorio galego os seus plans de despregamento a nivel nacional nesta frecuencia.

Arranca o plan de migración dos portais da Xunta ao “.gal” coa incorporación da web de Amtega ao dominio galego

Arranca o plan de migración dos portais da Xunta ao “.gal” coa incorporación da web de Amtega ao dominio galego

A incorporación ao .gal da web da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) supón o arranque do Plan para a migración dos portais e servizos da Administración pública galega ao dominio .gal. Deste xeito, a Xunta dá cumprimento ao Decreto, aprobado o pasado 13 de maio, que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O CPEIG e a Amtega celebran mañá a segunda edición de rapaciñ@s para promover o uso seguro de internet entre os nenos

O CPEIG e a Amtega celebran mañá a segunda edición de rapaciñ@s para promover o uso seguro de internet entre os nenos

A Cidade da Cultura acollerá mañá sábado, 14 de maio, a segunda edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dun evento que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

A rede CeMIT pon en marcha en 14 centros un banco de tempo para compartir actividades

A rede CeMIT pon en marcha en 14 centros un banco de tempo para compartir actividades

A rede CeMIT vén de poñer en marcha un Banco de Tempo para incrementar a difusión da súa oferta formativa. Á iniciativa á que se adheriron 14 centros da Rede que se comprometen intercambiar horas de actividades e cursos de xeito que os seus usuarios se poidan beneficiar dunha maior oferta formativa.

O único requisito para poder participar neste Banco de Tempo e compartir un número de horas determinado e a partir de aí, cada aula poderá ser beneficiaria das actividades impartidas desde os demais centros.

Cúbrense nunha hora as 180 prazas da primeira convocatoria de 2015 para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática da Xunta

Cúbrense nunha hora as 180 prazas da primeira convocatoria de 2015 para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o pasado día 10 o prazo de inscrición da primeira convocatoria deste ano para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta (CODIX). Nese primeiro día e en tan só unha hora cubríronse as 180 prazas ofertadas. O certificado, que emite a Amtega, acredita a formación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada.

Declaración institucional con motivo do día mundial das telecomunicacións e da sociedade da información

Declaración institucional con motivo do día mundial das telecomunicacións e da sociedade da información

O Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información apela este ano ao “Espírito empresarial do sector TIC en aras do impacto social” para destacar a importancia do sector tecnolóxico como un elemento chave da nova economía dixital. Unha nova realidade económica, que ten o seu epicentro na Rede, e que promove novos modelos de negocio que priman elementos intanxibles como o coñecemento, a información ou a innovación para crear valor á sociedade.  
 

O correo electrónico da Xunta emprega xa o domino .gal

O correo electrónico da Xunta emprega xa o domino .gal

O correo corporativo da Xunta de Galicia emprega desde hoxe o dominio galego en internet. Coincidindo co Día das Letras Galegas e de Internet a Xunta cumpre outros dos fitos previstos na adopción do .gal como dominio de referencia da súa presenza na Rede. Máis de 18.500 direccións de correo electrónico da Administración xeral substitúen hoxe o @xunta.es por @xunta.gal que, xunto ás 3.500 contas do eido xudicial que xa o estaban e empregar, suman xa 22.000 direccións de correo con .gal.

Galicia rexistra unha fenda dixital de xénero menor que a media estatal

Galicia rexistra unha fenda dixital de xénero menor que a media estatal

A fenda dixital de xénero no uso do ordenador en Galicia sitúase en 2,8 puntos fronte aos 4 da media estatal. Así, en Galicia, un 62,7% das mulleres e un 65,5% dos homes fixo uso do ordenador nos últimos tres meses.

A fenda dixital de xénero reduciuse neste indicador en 4,3 puntos no período 2010-2013, pasando de 7,1 puntos no ano 2010 a 2,8 no ano 2013. A nivel estatal, a diminución no mesmo período foi tan só de 2 puntos.

Feijóo destaca e gaba a colaboración dos máis de 700 aliados dixitais para acadar a plena dixitalización de Galicia

Feijóo destaca e gaba a colaboración dos máis de 700 aliados dixitais para acadar a plena dixitalización de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou e gabou hoxe a colaboración de voluntarios, de empresas tecnolóxicas e de entidades e asociacións de acción voluntaria para acadar a plena dixitalización de Galicia; “a implicación, en definitiva, dos máis de 700 aliados dixitais para que ningún galego nin ningunha galega perda o tren da sociedade dixital” e para que na terceira década do século XXI, todos os galegos estean capacitados para aproveitar as oportunidades que brinda este contexto.