A Xunta aproba unha nova planificación para seguir modernizando a Xustiza e lograr en 2020 a implantación do expediente xudicial electrónico no 100% das sedes xudiciais

A Xunta aproba unha nova planificación para seguir modernizando a Xustiza e lograr en 2020 a implantación do expediente xudicial electrónico no 100% das sedes xudiciais

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación da nova planificación xudicial artellada no ‘II Plan Tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia Senda 2020’ e subliñou como obxectivo estratéxico a implantación do Expediente Xudicial Electrónico (EXE) no 100% das sedes xudiciais en 2020, o que “permitirá a tramitación completa dun procedemento por medios telemáticos”. O Plan busca acadar unha xustiza máis próxima e transparente, máis eficiente grazas á xestión electrónica e segura.

Conde salienta o proxecto eHeart como exemplo da capacidade da innovación galega para salvar vidas a través das TIC

Conde salienta o proxecto eHeart como exemplo da capacidade da innovación galega para salvar vidas a través das TIC

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe ao proxecto eHeart, desenvolvido no marco do programa da Xunta Conecta Pemes, como exemplo da capacidade da innovación galega para salvar vidas a través das TICs. A iniciativa vén de sumar os esforzos das empresas Conexiona Telecom, Optare, Quobis, Hacce e Tecsoftcom, o apoio tecnolóxico de Gradiant, e o apoio científico da Fundación do Complexo Hospitalario da Coruña, para poñer freo a unha das principais causas de morte no mundo, as enfermidades cardiovasculares.

Mato reúnese en Vigo con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia para estudar un proxecto de formación

Mato reúnese en Vigo con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia para estudar un proxecto de formación

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) na que analizaron a viabilidade de levar a cabo un proxecto de formación conxunto coa asociación de centros tecnolóxicos. O obxectivo é mellorar a formación en sectores innovadores.

Román Rodríguez salienta o compromiso da Xunta de Galicia cos retos do ensino na era dixital na presentación do E-Dixgal aos centros que se incorporan este curso á iniciativa

Román Rodríguez salienta o compromiso da Xunta de Galicia cos retos do ensino na era dixital na presentación do E-Dixgal aos centros que se incorporan este curso á iniciativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta mañá no acto de benvida ao E-Dixgal aos centros que se incorporan neste curso 2015/2016 a este proxecto de contidos curriculares dixitais.

A Xunta pon en marcha o portal da lingua galega, un novo sitio web máis atractivo e transparente para a cidadanía

A Xunta pon en marcha o portal da lingua galega, un novo sitio web máis atractivo e transparente para a cidadanía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, presentaron esta mañá en Santiago, en rolda de prensa, o novo Portal da Lingua Galega, que substituirá desde agora o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL).

A Xunta inicia a dixitalización dos rexistros e o servizo Chave 365, que simplifica a xestión online a través de claves concertadas no móbil

A Xunta inicia a dixitalización dos rexistros e o servizo Chave 365, que simplifica a xestión online a través de claves concertadas no móbil

Avanzar na tramitación integramente electrónica e facilitar a accesibilidade aos servizos online son os obxectivos da posta en marcha do proceso de dixitalización das Oficinas de Rexistro e do servizo Chave 365. Son dúas das iniciativas previstas no Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020 que foron presentadas esta mañá polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na presentación de ambos servizos no Rexistro Xeral da Xunta.

O Proxecto europeo Stamar, liderado pola Xunta, pon en marcha un centro demostrador de tecnoloxías marítimas do Espazo Atlántico

O Proxecto europeo Stamar, liderado pola Xunta, pon en marcha un centro demostrador de tecnoloxías marítimas do Espazo Atlántico

Santiago acolleu hoxe a xornada de peche do Proxecto Europeo Stamar, na que se fixo balance das actuacións realizadas ao abeiro desta iniciativa para mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo. A xornada foi inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, e o director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), José Manuel Abella.

Sanidade desenvolve unha ferramenta para medir a actividade científica do Sergas e identificar as súas áreas fortes e débiles

Sanidade desenvolve unha ferramenta para medir a actividade científica do Sergas e identificar as súas áreas fortes e débiles

A Consellería de Sanidade vén de desenvolver unha ferramenta para medir a actividade científica de todo o Servizo Galego de Saúde. Esta aplicación, que leva por nome Sophos, permitirá a identificación de grupos de excelencia, o estudo da colaboración e a detección de áreas fortes e débiles no sistema investigador de ciencias da saúde de Galicia.

O evento informático ‘Xuventude Galicia Net’ abre as súas portas por primeira vez no recinto feiral de Silleda

O evento informático ‘Xuventude Galicia Net’ abre as súas portas por primeira vez no recinto feiral de Silleda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitaron esta tarde o Xuventude Galicia Net 2015, que abriu hoxe as súas portas de forma non oficial para facilitar aos inscritos o acceso e a montaxe dos seus equipos informáticos.

Rueda expresou a súa satisfacción porque por primeira vez na súa historia o recinto feiral de Silleda acolla un evento deste tipo, e máis cando se trata dun encontro tan consolidado como é o Xuventude Galicia Net, que este ano chega á súa decimo quinta edición.