O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 2 de xullo a presentación da segunda convocatoria do Galicia Open Future (https://cdtic.xunta.es/presentacion-II-GOF) en horario de 17.00 a 18.00 horas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega) vén de abrir un proceso de consulta pública a operadores de telecomunicacións e outros axentes interesados para actualizar a información sobre a situación de cobertura actual e as previsións de despregamento de redes de 100 Mbps nos núcleos e polígonos industriais de Galicia.
Esta consulta pública enmarcase dentro das actuacións precisas para definir as actuacións que a Xunta desenvolverá no Plan de Banda Larga de Galicia 2020.