A Xunta e os centros tecnolóxicos galegos a través de Atiga (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia) impulsarán iniciativas conxuntas para o desenvolvemento da Industria 4.0.
O representante do Goberno de Chile achegouse a Galicia para coñecer de primeira man a estratexia tecnolóxica da Administración autonómica, tanto no referido ao despregamento de infraestruturas como aos plans de dixitalización dos servizos públicos e sectores estratéxicos da economía galega que está a desenvolver o Goberno galgo.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, vén de mellorar o deseño do portal de Xustiza, que este ano albergará a sede xudicial electrónica. O obxectivo é consolidar www.xustiza.gal como canle de comunicación na rede entre os cidadáns, os profesionais e a xustiza.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta asinará en abril o contrato con Indra e Inaer para a posta en marcha do polo de avións non tripulados. Conde participou na primeira reunión do grupo de traballo do polo tecnolóxico e industrial de Rozas, que reuniu na sede da Axencia Galega de Innovación a membros da consellería, xunto a executivos de Inaer e a súa matriz, Babcock, incluíndo aos responsables de UAVs e de I+D; así como a responsables de Indra, entre eles o director de Innovación e o xerente de Vehículos Aéreos.