A revista Socinfo premiou á Xunta de Galicia pola súa estratexia para integrar as TIC no eido Xudicial. A publicación recoñeceu co premio “Admistración Xudicial Electrónica 2015” as medidas do Plan Senda, desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza da Vicpresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Startups, emprendedores e universitarios poderán coñecer de primeira man a tecnoloxía de IBM e o seu programa de apoio ao emprendemento. O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 18 de maio o encontro coa multinacional na xornada “Se tes unha idea, queremos traballala contigo” (https://cdtic.xunta.es/xornada-ibm), que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 21 de maio o seminario “Potencia a web do teu establecemento turístico e convértea no teu mellor comercial” (https://cdtic.xunta.es/potencia-a-web) que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Un 69,1% dos fogares de Galicia están conectados á Rede mediante banda larga, un 8% máis que en 2013, o que sitúa á Comunidade a catro puntos da media estatal. Os últimos datos do INE sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2014 constatan que nos últimos catro anos se incrementaron en preto dun 50% os fogares galegos que contan co servizo de banda larga contratado. En 2010, ano no que arrancaba o Plan de Banda Larga da Xunta, a porcentaxe de fogares con internet contratado era do 46,5%.