O Xulgado de Viveiro conta con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Luns 10 de Marzo de 2014

O Xulgado de Viveiro conta con conexión a internet de 100 megas grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia completou a implantación desta tecnoloxía punteira en preto do 80% das sedes xudiciais galegas

Na provincia de Lugo dispoñen de acceso á redes de fibra óptica as sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que, xunto co de Viveiro, supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia

As Redes de Nova Xeración permiten un acceso ata dez veces máis rápido aos diferentes recursos na Rede e o acceso simultáneo de máis usuarios

A mellora da conectividade é un dos elementos chave no proceso de modernización da xustiza que se está a desenvolver a través do Plan Senda da Administración autonómica

O Xulgado de Viveiro vén de sumarse ás sedes xudiciais galegas con acceso a Internet de 100 Mbps, grazas as actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta. No marco deste Plan, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completou a implantación desta tecnoloxía nas sedes dos partidos xudiciais de Vilalba, Monforte, Mondoñedo, Chantada e Lugo, que xunto co de Viveiro, supoñen o 66% da sedes xudiciais da provincia.

O Plan facilitou xa o acceso a redes de 100 megas en 35 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas. Na provincia da Coruña dispoñen desta conectividade o 78 % das sedes xudiciais, en Pontevedra o 100%, e en Ourense, un 55% *

A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

Con esta actuación búscase dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e avanzar na modernización da xustiza con iniciativas como o Plan Senda para introducir as TIC no eido xudicial galego, que leva investidos investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012. As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información.

Máis de 1 millón de galegos con acceso a 100 Mbps
Para o desenvolvemento de iniciativas como o Plan Senda e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha ano o Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a posibilitar que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.

Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración en colaboración co operador R e que xa permitiu que máis de un millón de galegos teñen acceso á redes de fibra óptica de 100 Mbps, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao usuario e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

*Xuntase cadro por provincias coas sedes conectadas con esta tecnoloxía
 

 

Sedes Xudiciais con Conexións Iguais ou Superiores a 100Mbps

 

A CORUÑA

LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
A Coruña
Chantada
Carballiño
A Estrada
Arzúa
Lugo
Ourense
Cambados
Betanzos
Mondoñedo

O Barco de Valdeorras

Cangas
Carballo
Monforte

Xinzo de Limia

Caldas
Corcubión
Vilalba
 
Lalín
Ferrol
Viveiro
 
Marín
Negreira
 
 
Ponteareas
Noia
 
 
Pontevedra
Ordes
 
 
Porriño

Santiago de Compostela

 
 
Redondela
Ribeira
 
 
Tui
 
 
 

Vilagarcía de Arousa

 
 
 
Vigo