A Xunta achegarase á cidadanía a través do móbil

A Xunta achegarase á cidadanía a través do móbil

O Consello da Xunta acordou esta mañá que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) será o organismo encargado da tramitación, xestión, mantemento ou retirada de aplicacións para móbiles e outros dispositivos electrónicos de calquera organismos da Administración autonómica para plataformas Android e iOS que se publicarán baixo a denominación única de Xunta de Galicia.

Benestar organiza a partir do luns tres xornadas informativas sobre os sistemas de teleasistencia avanzada que está a promover

Benestar organiza a partir do luns tres xornadas informativas sobre os sistemas de teleasistencia avanzada que está a promover

A Consellería de Traballo e Benestar organizará a partir do luns diversos showrooms sobre avances TIC en materia de servizos sociais que consistirán na realización de tres xornadas informativas/demostrativas sobre os sistemas de teleasistencia avanzada e teleprevención que está a promover. A actividade celebrarase o luns en Santiago, no edificio administrativo de San Caetano; o martes en Vigo, na delegación territorial da Xunta; e o mércores na Coruña, no edificio administrativo de Monelos.

O aforro de custes enerxéticos a través das TIC centra a xornada que se celebrará no Centro Demostrador TIC o xoves 6 de xuño

O aforro de custes enerxéticos a través das TIC centra a xornada que se celebrará no Centro Demostrador TIC o xoves 6 de xuño

O vindeiro mércores 6 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar no Centro Demostrador TIC (CDTIC) a xornada “Redución de custos mediante a implantación de sistemas de xestión enerxética”, organizada pola empresa Cie Tecnologías. Nesta sesión os asistentes poderán coñecer ferramentas tecnolóxicas para a xestión enerxética dos seus centros de traballo.

Retegal e a comunidade de montes de Darbo acordan o mantemento do centro de telecomunciacións situado nestes terreos do concello de Cangas

Retegal e a comunidade de montes de Darbo acordan o mantemento do centro de telecomunciacións situado nestes terreos do concello de Cangas

A Comunidade de Montes de Darbo prolongará a cesión do terreo que, actualmente ocupa no Monte da Madalena, o centro de telecomunicacións que xestiona o operador público Retegal e desde o que se veñen prestando servizos de telecomunicacións aos veciños da zona dende principios dos anos 90.

O acordo entre Retegal e a Comunidade de Montes contou coa colaboración e participación do Concello de Cangas, que asinou un convenio coa Comunidade de Montes para asumir os arranxos de camiños e desbroces do monte, o cal redundará no beneficio de todos os comuneiros e veciños do concello.

Novas Máis de 300 persoas participarán no curso do programa de Voluntariado Dixital da Xunta “redes sociais e comunicación 2.0”

Novas Máis de 300 persoas participarán no curso do programa de Voluntariado Dixital da Xunta “redes sociais e comunicación 2.0”

O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección Xeral de Voluntariado, celebra o curso "Redes sociais e comunicación 2.0", que se desenvolverá entre o 6 e o 28 de xuño.

O obxectivo do curso é ofrecer unha correcta capacitación aos voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria adheridas ao programa Voluntariado Dixital, aínda que está aberto a calquera persoa ou organización interesada nesta materia. Ata o momento, xa hai máis de 300 inscricións formalizadas.

As mulleres representan o 38% dos empregados do sector TIC galego e só o 17% desempeña funcións tecnolóxicas

As mulleres representan o 38% dos empregados do sector TIC galego e só o 17% desempeña funcións tecnolóxicas

A representatividade das mulleres nas áreas de dirección das empresas galegas sitúase por debaixo do 30% e concentran a súa actividade maioritariamente en actividades administrativas, tamén no caso das empresas tecnolóxicas. É unha das principais conclusións do primeiro informe “A incorporación das Mulleres Tecnólogas ao mercado laboral en Galicia. As Mulleres na Sociedade da Información”.

En dous días 3.818 persoas descargaron a nova aplicación para móbiles de Turismo de Galicia que contén información sobre sendeiros

En dous días 3.818 persoas descargaron a nova aplicación para móbiles de Turismo de Galicia que contén información sobre sendeiros

Un total de 3.818 usuarios de smartphone descargaron entre os días 3 e 4 de xuño a nova aplicación para teléfonos intelixentes deseñada por Turismo de Galicia que permite obter información precisa para percorrer os sendeiros homologados de Galicia.

Con esta nova ferramenta Turismo de Galicia ten por obxectivo poñer en valor a práctica do sendeirismo dadas as inmellorables condicións do destino para camiñar en contacto coa natureza. Trátase dun tipo de turismo sostible e que favorece a desestacionalización.

O DOG publica hoxe a primeira Lei de telecomunicacións de Galicia, que garante o seu despregamento como un servizo de primeira magnitude na comunidade

O DOG publica hoxe a primeira Lei de telecomunicacións de Galicia, que garante o seu despregamento como un servizo de primeira magnitude na comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Lei impulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia, que converte ás telecomunicacións nun servizo de primeira magnitude, garantindo o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado, con maior planificación e máis anticipación. Esta Lei, aprobada polo Parlamento galego o pasado 14 de maio, entrará en vigor no prazo dun mes tras a súa publicación no DOG.

O CPETIG en colaboración coa AMTEGA celebra unhas xornadas sobre os menores e o uso seguro das redes sociais en Santiago, A Coruña E Ourense

O CPETIG en colaboración coa AMTEGA celebra unhas xornadas sobre os menores e o uso seguro das redes sociais en Santiago, A Coruña E Ourense

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza, no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), unhas xornadas nas que se abordará o uso seguro das redes sociais por parte dos menores de idade.

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior compromiso na difusión do Software Libre nas universidades

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior compromiso na difusión do Software Libre nas universidades

Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con maior compromiso na difusión do software libre nas universidades, segundo o Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL, 2013), que vén de publicar PortalProgramas.com e que analiza un total de 72 universidades do conxunto do Estado.

A Comunidade sube dous postos respecto á posición do ano pasado, o primeiro no que se publicou este Ranking, que permite coñecer cales son as universidades que máis difunden o software libre, en que aspectos destaca cada universidade, así como os factores que inflúen no seu uso.