A Amtega convoca a VI edición do Premio ao mellor proxecto fin de carreira con licenza libre
A Amtega convoca a VI edición do Premio ao mellor proxecto fin de carreira con licenza libre
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca por segundo ano consecutivo o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre 2013 da Xunta, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudantado universitario.