A Amtega e o Colexio de Enxeñaría Informática crearán unha rede de asesores tecnolóxicos para pemes e autónomos
A Amtega e o Colexio de Enxeñaría Informática crearán unha rede de asesores tecnolóxicos para pemes e autónomos
Titorizar ás empresas na selección e adopción da solución TIC máis axeitada ás súas necesidades será o obxectivo da Rede de Asesores Tecnolóxicos que porá en marcha o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Esta iniciativa é unha das tres actuacións recollidas no convenio de colaboración asinado esta mañá entre a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do Colexio, Fernando Suárez. A Axencia achegará 66.000 euros ao CPEIG para o desenvolvemento destas accións.