Galicia encabeza o programa de autoemprego feminino Miradas de Muller co 78% das inscritas a nivel estatal
O programa, que promove o emprendemento a través da fotografía dixital, estase a celebrar en 11 comunidades autónomas
Está dirixido a mulleres desempregadas de zonas rurais e procedentes de barrios obreiros ou periféricos das cidades
En Galicia están a participan na iniciativa 317 mulleres dunha trintena de concellos
O perfil maioritario é o dunha muller de entre 26 e 45 anos en situación de desemprego
O 78% das mulleres que participan no programa Miradas de Mulleres son galegas. Esta iniciativa, que se está a celebrar noutras 10 comunidades autónomas está dirixida a mulleres rurais e procedentes de barrios obreiros ou periféricos das cidades para fomentar o autoemprego e o emprendemento a través da fotografía dixital. As provincias de A Coruña e Pontevedra concentran preto do 80% das participantes galegas.
A maioría das usuarias (68%) teñen entre 26 e 45 anos de idade, o18% están no tramo de idade de entre 46 a 55 anos, seguidas dun 9%, que teñen entre 18 e 25 e un 5% entre 56 e 66. O 60% das participantes encóntrase en situación de desemprego, un 16% son traballadoras por conta allea, un 11% por conta propia e un 5% son estudantes.
O proxecto ofrece consultoría, formación e difusión no campo da fotografía ás participantes, a través dunha plataforma que integra unha rede social e un espazo para que poidan publicar as súas creacións e que supoña un escaparate que axude a promover estas mulleres.
Miradas de Muller, que comezou o en xaneiro, está a apoiado por Fundetec xunto coa Federación Deglobé e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e desenvólvese en Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
Charlas informativas
A primeira fase do proxecto, que se desenvolveu durante o mes de febreiro, consistiu nunha serie de charlas impartidas por profesionais do IGAPE para orientar as participantes sobre como transformar as súas ideas no campo da fotografía en proxectos empresariais.
Esta formación impartíronse de xeito presencial nas aulas CeMIT dos municipios adheridos á iniciativa a través do sistema de videoconferencia en grupos de cinco ou seis concellos ata o mediados de febreiro.
Capacitación fotografía dixital
O itinerario formativo complétase con cursos de capacitación no tratamento de imaxes e fotografía dixital que se ofreceron como complemento opcional e que proporcionaron os axentes TIC das aulas CeMIT, que son os profesionais que se ocupan destes centros. Ademais, as usuarias tiveron formación complementaria sobre servizos dixitais como os tramites electrónicos, a efactura, o uso de DNI electrónico ou a banca online.
Plataforma online
As usuarias teñen acceso a unha plataforma web (www.miradasdemujer.com) con talleres creativo sobre técnicas de fotografía e un titor experto que lles axudará a resolver dúbidas.
A plataforma dispón dun banco de imaxes no que poden publicar as súas obras para amosar o seu traballo e intercambiar experiencias con outras participantes. Este espazo online conta tamén cun catálogo dixital de servizos de autoemprego no que as usuarias poderán publicar sos servizos fotográficos que ofrecen e os clientes potenciais poderán expoñer as súas necesidades.
Os servizos da plataforma complétanse con pílulas informativas sobre o uso de determinados servizos dixitais e cunha comunidade virtual na que as usuarias poderán crear grupos e na que terán acceso as novidades e noticias relacionadas coa fotografía.
Finalmente, celebrarase un concurso fotográfico cos traballos realizados polas participantes, no que un tribunal experto realizará a elección da gañadora.