A Xunta porá a disposición dos concellos galegos un sistema de tradución automatizada antes do verán
A Xunta porá a disposición dos concellos galegos un sistema de tradución automatizada antes do verán
A Xunta facilitaralles aos concellos galegos un sistema de tradución automatizada directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués, que lle permitirá á Administración local galega aumentar a calidade lingüística da súa documentación técnica e administrativa, webs e correos electrónicos, ademais de reforzar e consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.