A Consellería de Cultura e Educación ofrece un novo servizo electrónico de subscrición ás novidades culturais
A Consellería de Cultura e Educación ofrece un novo servizo electrónico de subscrición ás novidades culturais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria actualiza o seu boletín electrónico de novidades de Cultura para ofrecer un servizo de comunicación adaptado aos novos formatos, con recursos de interese para a cidadanía. Desde hoxe, a través da Secretaría Xeral de Cultura, pon en marcha este soporte renovado que ofrece contidos da actualidade cultural a través de diversas seccións.