A porcentaxe de microempresas galegas con conexión a internet superior a 10mbps duplicouse no período 2010-2012
A porcentaxe de microempresas galegas con conexión a internet superior a 10mbps duplicouse no período 2010-2012
No período 2010-2012, duplicouse a porcentaxe de microempresas con velocidade superior a 10 Mbps e aumentou un 33,6% nas empresas de 10 e máis empregados. Son datos que se recollen no informe temático “Indicadores de Banda Larga”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este estudo amplía os datos incluídos no “Diagnóstico ás Empresas sobre a Sociedade da Información en Galicia. Edición 2012”, recentemente publicado polo OSIMGA.