A Xunta de Galicia resolveu xa máis da metade dos requirimentos esixidos pola Axencia de Protección de Datos para mellorar a seguridade na rede informática dos xulgados
O procedemento aberto pola Axencia de Protección de Datos, tras o incidente rexistrado no Xulgado de Lugo en novembro de 2009, constata unhas deficiencias históricas no ámbito xudicial galego en materia tecnolóxica
Estas incidencias xa foran detectadas e xa se estaba traballando para solventalas antes do procedemento aberto pola APD e así se lle trasladou aos inspectores da Axencia
Tras constatar a precariedade dos sistemas informáticos xudiciais, o actual Goberno galego puxo en marcha en 2009 un Plan de Medidas Urxentes para reforzar e mellorar as plataformas tecnolóxicas do ámbito xudicial
O seguinte paso foi a posta en marcha do Plan Senda 2014 para integrar as TIC de xeito definitivo na Xustiza en Galicia
En novembro de 2009 a Axencia de Protección de Datos abriu un procedemento tras o incidente informático rexistrado no Xulgado de Lugo, que puxo de manifesto un fallo provocado por unhas deficiencias históricas no ámbito xudicial galego en materia tecnolóxica.
Como xa se explicou no seu día, a incidencia informática bloqueou temporalmente o acceso á información do sumario do Caso Carioca por parte dos usuarios pero non provocou en ningún momento a perda de ningún dato nin o acceso á información por parte de terceiros. Non foi un incidente provocado senón un fallo do sistema informático.
Más da metade dos requirimentos resoltos
A día de hoxe catro dos seis requirimento que formula a Axencia de Protección de Datos están resoltos e os dous restantes en marcha. Cómpre destacar que estas incidencias xa foran detectadas e xa se estaba traballando para solventalas antes do procedemento aberto pola APD e así se lle trasladou aos inspectores da Axencia.
En relación ás medidas requiridas pola APD, a Administración autonómica xa habilitou un mecanismo que rexistra todos os accesos aos procedementos xudiciais e que están baixo o control directo do responsable de seguridade competente. Tamén se estableceu un procedemento para que os usuarios autorizados a entrar no sistema non poidan extraer información e se revisou e mellorou o control de acceso dos usuarios aos procedementos xudiciais. Ademais, cando executen procesos que poidan acarrear una alteración o perda da integridade da información, se establezan as medidas de seguridade al respecto.
Con respecto as actuacións pendentes, a Consellería de Presidencia vén de informar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de que nos vindeiros días iniciarase unha auditoría, que chegará nunha primeira fase a 16 órganos e servizos xudiciais, para verifique o cumprimento das medidas de seguridade dispoñibles nos Sistemas de Información utilizados no ámbito xudicial. Por outra banda, estase a traballar no establecemento de normas e recursos para a destrución de soportes e documentación que conteña datos de carácter persoal.
Plan Senda 2014
No ano 2009 o actual Goberno galego analizou a situación dos sistemas informáticos da Xustiza en Galicia e comprobou a precariedade dos mesmos. Por iso, en xuño de 2009, catro meses antes de que xurdira a incidencia no Xulgado de Lugo, se puxo en marcha un Plan de Medidas Urxentes atallar as incidencias máis críticas. O seguinte paso, xa en marcha, é o Plan Senda 2014 que ten como obxectivo integrar as TIC na Xustiza nun prazo de catro anos cun investimento total de 34 millóns de euros.
O Plan de Medidas Urxentes foi o primeiro paso para mellorar o sistema informático que dá servizo aos xulgados galegos o seguinte, xa en marcha, é o Plan Senda 2014 que ten como obxectivo integrar as TIC na Xustiza, e que é a primeira folla de ruta para consolidar unha infraestrutura tecnolóxica e de servizos robusta e fiable que permita avanzar na integración das novas tecnoloxías no eido xudicial da Comunidade. A Xunta considera o ámbito xudicial un dos eidos prioritarios nas súas actuacións en materia tecnolóxica.
Investimentos
No período 2009-2010 a Xunta de Galicia investiu preto de 5 millóns de euros na mellora de servizos, equipamentos e infraestruturas tecnolóxicas do ámbito xudicial galego. O investimento previsto para este ano e de arredor de 5 millóns de euros para continuar mellorando servizos, equipamento e infraestruturas tecnolóxicas. Unhas actuacións que teñen continuidade no Plan Senda, que conta cun orzamento de 34 millóns de euros e ten como horizonte o ano 2014.