Sábado 27 de Febreiro de 2010
A Xunta crea o “Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia” (Osimga)
Trátase dun órgano encargado de avaliar a incorporación das novas tecnoloxías á sociedade e o desenvolvemento da Administración electrónica, resultado da integración do “Observatorio Galego da Sociedade da Información” co “Observatorio da Calidade e da eAdministración de Galicia”.
Entre as principais funcións deste observatorio atópanse o desenvolver estudos e análises sobre a situación da Sociedade da información en Galicia, facilitar análises comparativas, promover o intercambio de experiencias e información entre administracións ou xestionar os medios para facer difusión dos resultados obtidos nas análises, ben mediante publicacións periódicas ou por vía telemática.
Web do Observatorio: www.osimga.org