O secretario xeral de Medios resalta o esforzo técnico realizado e a revolución tecnolóxica que suporá a implantación da TDT en Galicia

Venres 15 de Xaneiro de 2010

O secretario xeral de Medios resalta o esforzo técnico realizado e a revolución tecnolóxica que suporá a implantación da TDT en Galicia

O vindeiro luns comezará o apagado nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares, correspondentes ás fases I e II de implantación da TDT. Alfonso Cabaleiro destaca que a implantación da televisión dixital terrestre nestas dúas primeiras fases se fará de xeito gradual, prolongándose ata o 1 de febreiro. Lembra que o vindeiro 3 de abril se prevé que estea totalmente rematado o proceso de apagado analóxico e salienta que a Xunta intensificou o servizo de atención telefónica sobre a TDT a través do 012. A televisión dixital terrestre permite a recepción de máis canles de televisión, cunha mellor calidade, novos servizos e recepción portátil e móbil.

 

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, destacou hoxe o esforzo que está a realizar o Goberno galego, conxuntamente co Goberno central, para que o proceso de apagado analóxico na comunidade, que empeza o vindeiro luns, 18 de xaneiro, sexa unha realidade. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación, na que tamén participaron o subdirector xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia da Xunta, Ignacio Otero, e o director técnico de Retegal, Joaquín Alonso, o secretario xeral de Medios explicou polo miúdo todas as actuacións e xestións realizadas pola Xunta para a implantación da televisión dixital terrestre na nosa comunidade e resaltou o esforzo técnico realizado e a revolución tecnolóxica que suporá a implantación da TDT en Galicia.

Alfonso Cabaleiro resaltou que o vindeiro luns comezará a aplicarse en Galicia o apagado analóxico das fases I (Ourense- Leste e Santiago) e II (Meda e Ares), un proceso que, dixo, beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.

Segundo sinalou o secretario xeral de Medios este primeiro proceso de apagado analóxico das fases I e II farase de xeito gradual, desde o vindeiro 18 de xaneiro ata o 1 de febreiro (xúntase cadro explicativo no que se detallan as datas de apagamento nas distintas áreas técnicas das fases I e II). Máis adiante, incidiu Cabaleiro, continuarase co apagado das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aínda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. O obxectivo, lembrou o secretario xeral de Medios, é que o próximo 3 de abril estea totalmente rematado este proceso de apagado analóxico.

Intensificación do servizo de atención telefónica ao cidadán  
Na rolda de prensa que se celebrou esta mañá, Alfonso Cabaleiro Durán subliñou, ademais, que o Goberno galego intensificou o servizo de atención telefónica sobre a TDT co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre este proceso aos cidadáns. Así, incidiu Cabaleiro, a Xunta ampliou o servizo de información cidadá, a través do 012, para atender todas as consultas relativas ao proceso de apagado analóxico. Segundo destacou, este novo número vense sumar ao xa existente da Oficina Técnica da TDT, con varias liñas, polo que todos aqueles cidadáns que requiran información precisa sobre este asunto poderán facelo tanto a través do 012 como do 981 572 154. Ademais, poderán obter máis información a través da páxina web www.tdtgalicia.es ou do teléfono de atención ao usuario de Retegal, que é o 901 333 111.

Información na Cámara galega 
O secretario xeral de Medios tamén lembrou que xa solicitou a comparecencia urxente na Comisión 1ª Institucional, da Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento galego para informar sobre este proceso de apagado analóxico que se inicia o vindeiro luns, unha vez, dixo, que a Xunta de Galicia e o Goberno central teñen ultimado as datas do apagamento analóxico. Alfonso Cabaleiro apuntou que esta será a súa segunda comparecencia na Cámara para explicar o proceso de implantación da TDT, logo da xa realizada no pasado mes de xuño.

Así mesmo, lembrou os distintos contactos mantidos ao longo de todos estes meses con alcaldes e distintos grupos políticos para informalos de todo este proceso.

Máis canles de televisión, mellor calidade, novos servizos e mellor recepción  
A implantación da televisión dixital terrestre representa novas vantaxes para os usuarios posto que permite, entre outros, recibir máis canles de televisión, unha mellor calidade, ofrece novos servizos e permite a recepción móbil e portátil.

Así, a dixitalización da televisión permite usar de forma máis eficiente o espectro radioeléctrico, incrementando o número de canles dispoñibles. O resultado máis visible para os espectadores é un incremento na oferta do número de canles. Por iso, na maioría das zonas do visionado actual de 6 a 8 canles de televisión pásase a máis de 25 canles.

De igual xeito, a transmisión dixital elimina ruídos, interferencias e dobre imaxe. É dicir, a TDT recíbese con maior calidade de imaxe, eliminando o efecto néboa ou dobre imaxe dos nosos televisores. Así mesmo, pódense ofrecer contidos con formato de imaxe panorámico (16/9) xa aceptados en moitos dos novos televisores do mercado, múltiples subtítulos e unha mellor calidade de son (parecida á que proporciona un CD), con efectos surround multicanle e multilingüe. Os espectadores poderán gozar da espectacularidade do cine ou eventos deportivos en calidade DVD a través do sinal da antena.

A dixitalización do sinal e o mellor aproveitamento do ancho de banda permite que as televisións ofrezan novas funcionalidades que van máis aló dos simples contidos audiovisuais e que reforzan a experiencia do telespectador. Estes servizos avanzados son: a guía electrónica de programas (EPG), o teletexto dixital cunha contorna moito máis visual e amigable, servizos interactivos (xogos, votacións, chats, etc), emisión de canles de radio a través da televisión, posibilidade nun futuro de acceder a contidos premium mediante a modalidade de pago por visión, visión multicámara en eventos deportivos, acceso a Internet, etc. Desta forma os telespectadores deixan de ser un elemento pasivo da televisión para converterse en parte activa da mesma.

As emisións de televisión dixital terrestre, a diferenza doutros sistemas de televisión dixital (como satélite ou cable), permiten a recepción portátil e móbil. A televisión dixital pode ser recibida, sempre que estea situado dentro da zona de cobertura, por un aparello de televisión cunha simple antena telescópica (similar á dunha radio), esta recepción pode ser tanto estática como en movemento (como, por exemplo, en medios de transporte talles como un autobús, un tren ou ata coches particulares).

Ademais, existe a posibilidade de que nun formato modificado da TDT se permita ver os seus contidos a través de PDAs, teléfonos móbiles, videoconsolas portátiles, etc.

A continuación xúntase un cadro explicativo no que se detallan as datas de apagamento nas distintas áreas técnicas das fases I e II:

PT
CENTRO
FECHA
Ourense – Leste
A Gudiña
18-01-10
Ourense – Leste
Monterrei
18-01-10
Ourense – Leste
Verín
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo II (privadas)
18-01-10
Santiago
Lalín (Retegal)
18-01-10
Santiago
Lousame (Retegal)
18-01-10
Santiago
Montouto (Retegal)
18-01-10
Santiago
Porto do Son
18-01-10
Santiago
Santiago – San Marcos (Retegal)
18-01-10
Santiago
Silleda (Retegal)
18-01-10
Santiago
Teo (Retegal)
18-01-10
Santiago
Vila de Cruces
18-01-10
Santiago
Cee (Retegal)
19-01-10
Santiago
Corcubión (RGE de Muros - Santiago)
19-01-10
Santiago
Ezaro-Pindo
19-01-10
Santiago
Finisterre
19-01-10
Santiago
Fisterra 2
19-01-10
Santiago
Lariño
19-01-10
Santiago
Muros
19-01-10
Santiago
Muxia
19-01-10
Santiago
Sardiñeiro
19-01-10
Santiago
Arzúa (Retegal)
21-01-10
Santiago
Touro
21-01-10
Santiago
Val do Dubra
21-01-10
Santiago
Catoira
01-02-10
Santiago
Noia
01-02-10
Santiago
Santiago- Pedroso
01-02-10
Santiago
Santiago II
01-02-10
Santiago
Vedra
01-02-10
Ares
Arteixo
20-01-10
Ares
Carballo
20-01-10
Ares
Carral
20-01-10
Ares
Culleredo
20-01-10
Ares
Ponteceso
20-01-10
Ares
Traba-Laxe
20-01-10
Ares
Zas – Castro
20-01-10
Ares
Zas II
20-01-10
Ares
Cedeira
21-01-10
Ares
Esmelle
21-01-10
Ares
Feas
21-01-10
Ares
Mandía
21-01-10
Ares
Muras II
21-01-10
Ares
S. Sadurniño
21-01-10
Ares
San Andrés de Teixido
21-01-10
Ares
Sta. Mariña de Narahio
21-01-10
Ares
Vicedo
21-01-10
Ares
Vilasanche
21-01-10
Ares
Aranga (Retegal)
25-01-10
Ares
As Pontes de G. Rodríguez
25-01-10
Ares
Betanzos
25-01-10
Ares
Oza dos Ríos
25-01-10
Ares
Pontedeume
25-01-10
Ares
Ares
01-02-10
Ares
Arou
01-02-10
Ares
Cabanas
01-02-10
Ares
Cariño – Ortigueira
01-02-10
Ares
Cerdido
01-02-10
Ares
Doniños
01-02-10
Ares
Ortigueira
01-02-10
Ares
Penamoa
01-02-10
Ares
Vimianzo
01-02-10
Ares
Xaviña
01-02-10
Meda
A Bola
26-01-10
Meda
Allariz
26-01-10
Meda
Bande
26-01-10
Meda
Bande II
26-01-10
Meda
Celanova
26-01-10
Meda
Chantada
26-01-10
Meda
Chantada II
26-01-10
Meda
Xinzo
26-01-10
Meda
Carballiño
27-01-10
Meda
Cea
27-01-10
Meda
Irixo
27-01-10
Meda
Maceda
27-01-10
Meda
Maside
27-01-10
Meda
Ribadavia - Cenlle
27-01-10
Meda
Toén
27-01-10
Meda
Escairón
28-01-10
Meda
Monforte
28-01-10
Meda
O Barco
28-01-10
Meda
Almorfe (Retegal)
01-02-10
Meda
Arnoia (Retegal)
01-02-10
Meda
Avión (Retegal)
01-02-10
Meda
Chandrexa (Retegal)
01-02-10
Meda
Crecente
01-02-10
Meda
Leiro (Retegal)
01-02-10
Meda
Lobios (1 y 2)
01-02-10
Meda
Meda
01-02-10
Meda
Nogueira de Ramuín (Retegal)
01-02-10
Meda
Ourense
01-02-10
Meda
Pantón (Retegal)
01-02-10
Meda
Pontedeva (Retegal)
01-02-10
Meda
Sobradelo
01-02-10
Meda
Xunqueira de Espadañedo (Retegal)
01-02-10

 

Esta relación de datas de apagamento nos distintos centros pertencentes ás fases I e II podería sufrir leves modificacións, das que, de ser o caso, se informará debidamente.