Contas anuais

Encomendas de Xestión

Segundo o artigo 8.1b da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publicaranse encomendas de xestión que se asinen, con indicación do seu obxecto, orzamento, duración, obrigacións económicas e as subcontratacións que se realicen con mención dos adxudicatarios, procedemento sucesivo para a adxudicación e importe da mesma.

Consultas Preliminares do Mercado para a extensión da Teleasistencia Avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario

Para o desenvolvemento da iniciativa Fogar Dixital Sociosanitario da Xunta de Galicia, en particular da posta en funcionamento da Teleasistencia avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario resulta de interese dirixir consultas aos operadores económicos coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar aos citados operadores económicos acerca dos seus plans e dos requisitos que esixirán para concorrer ao procedemento.

Eurorrexión destino intelixente (EDIT)

O proxecto EDIT foi aprobado na 2ª convocatoria do Programa Operativo INTERREG VAI España Portugal (POCTEP) no marco do obxectivo temático 6 "Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos" e o obxectivo específico 6c "Protexer e Valorizar o patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza".

Proxecto STAMAR

O proxecto STAMAR enmárcase na prioridade 1 do Programa Operativo Espazo Atlántico “Promover redes transnacionais, empresariais e de innovación” e máis concretamente no obxectivo 1 da devandita prioridade “Desenvolvo de transferencias de coñecemento entre empresas e centros de investigación”, perfectamente aliñado co obxectivo xeral do proxecto STAMAR, que pretende contribuír a mellorar a competitividade e capacidade de innovación das PEMES do sector marítimo do Espazo Atlántico favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica, concretamente daquelas solucións que favorezan un d

Proxecto ARPAD

O Proxecto ARPAD articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia- Norte de Portugal no marco do eixo Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e promoción do emprego, e baixo o esquema prioritario "Servizos e aplicacións do TIC para o cidadán".

Obxectivos

Proyecto GEOARPAD

O proxecto GEOARPAD, enmarcado na 1ª convocatoria do programa operativo EP - INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia- Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Proteción e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos.

Anexo III - Stellae 5.0

FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

A continuación facilítase unha ferramenta para xera un pdf que será entregado polo procedemento de sede electrónica PR004A,  todos os apartados do formulario de solicitude deben ser cubertos na súa totalidade para a súa consideración e análise.

Acceso ao formulario

 

Anexo II - Stellae 5.0

Descrición do proxecto “Stellae 5.0 patrimonio cultural dixital vinculado ao Camiño de Santiago

España é a segunda potencia mundial en patrimonio cultural, o terceiro país con maior número de designacións de Patrimonio Mundial por parte da UNESCO, só por detrás de China e Italia, e o terceiro destino turístico mundial.