A Rede CeMIT conectará a preto de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia
A Rede CeMIT conectará a preto de 1.000 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia
Desde hoxe e ata o 21 de decembro 830 alumnos de educación infantil de 25 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Así, os escolares de Educación Infantil de Celanova e Sarreaus serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará hoxe luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.