A Amtega selecciona as 10 aulas que participan na terceira edición do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Amtega selecciona as 10 aulas que participan na terceira edición do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de seleccionar os 10 proxectos que participarán na terceira edición do Programa CeMIT-Innova e que se suman aos 18 xa desenvolvidos en anos anteriores. As iniciativas seleccionadas foron presentadas polas aulas CeMIT dos concellos de Bande, Boborás, Brión, Catoira, Carballedo, Cuntis, Oroso, Ourense, Narón e Santa Comba, co que hai representación das catro provincias.

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza unha xornada de formación para as federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte organiza unha xornada de formación para as federacións deportivas

A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e coa Escola Galega da Administración Pública (EGAP), levou a cabo, na mañá de hoxe, unha xornada de formación destinada ás 59 federacións deportivas galegas.

Máis do 85% das empresas galegas de máis de 10 traballadores empregan software libre

Máis do 85% das empresas galegas de máis de 10 traballadores empregan software libre

Máis do 85% das empresas de 10 ou máis empregados e a metade das microempresas galegas empregan software libre. Cabe salientar que as medianas e grandes empresas galegas superan a media do Estado no uso do software libre, situándose no noveno posto do ranking estatal, por diante de comunidades como Madrid, Cataluña ou País Vasco. No caso concreto do sector TIC galego o uso dos software libre elévase un 87,2%.

A Amtega mantén aberto ata o 24 de abril o prazo de preinscrición no Programa formativo AceleraTIC+ para a transformación dixital das pemes

A Amtega mantén aberto ata o 24 de abril o prazo de preinscrición no Programa formativo AceleraTIC+ para a transformación dixital das pemes

O prazo de preinscrición do Programa AceleraTIC+ para formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave da transformación dixital dos seus negocios permanecerá aberto ata o 24 de abril ás 18 horas. As persoas interesadas poderán preinscribirse no seu espazo privado na web do CDTIC ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal.

A Amtega e o CPEIG celebrarán o 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

A Amtega e o CPEIG celebrarán o 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s para promover o uso seguro de Internet entre os nenos

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

A Xunta amplía o prazo de solicitude das axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

A Xunta amplía o prazo de solicitude das axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

A Xunta amplía 3 semanas máis o prazo para que as empresas e autónomos das zonas illadas do rural poidan solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta modificación da convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilita a presentación das solicitudes ata o próximo 11 de maio.

Preto de 500 persoas realizan as probas convocadas pola Amtega para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

Preto de 500 persoas realizan as probas convocadas pola Amtega para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a listaxe definitiva das 473 persoas matriculadas para a realización das probas de avaliación para a obtención da Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 15 de marzo, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

O Congreso #SilverBullet17, organizado polo CPETIG e a Amtega, reunirá en Santiago a grandes expertos en proxectos TI

O Congreso #SilverBullet17, organizado polo CPETIG e a Amtega, reunirá en Santiago a grandes expertos en proxectos TI

O vindeiro 11 de maio terá lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, o I Congreso de Xestión de Proxectos organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), concibido como un foro de debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos TI, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área.

David Calle, un dos mellores profesores do mundo, participará o 6 de maio no evento Rapaciñ@s, organizado polo CPEIG e a Amtega

David Calle, un dos mellores profesores do mundo, participará o 6 de maio no evento Rapaciñ@s, organizado polo CPEIG e a Amtega

A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro sábado, día 6 de maio, a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa conxunta do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dun gran evento que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

O CDTIC Virtual da Amtega amplía a súa oferta de aplicacións libres cunha nova solución para tendas virtuais

O CDTIC Virtual da Amtega amplía a súa oferta de aplicacións libres cunha nova solución para tendas virtuais

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a súa oferta de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa incorporación dunha solución de tenda en liña baseada en WordPress + WooCommerce.