Máis de trinta profesionais da Administración autonómica, local e estatal abordarán os retos da dixitalización o 23 e o 24 de marzo en Santiago

Máis de trinta profesionais da Administración autonómica, local e estatal abordarán os retos da dixitalización o 23 e o 24 de marzo en Santiago

Os días 23 e 24 de marzo o Edifico CINC da Cidade da Cultura acollerá o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos cidadáns". Organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e co Consello Superior de Letrados e Avogados de Comunidades Autónomas.

A Xunta presenta a Memoria Dixital de Galicia no foro estatal sobre cultura intelixente de Red.es

A Xunta presenta a Memoria Dixital de Galicia no foro estatal sobre cultura intelixente de Red.es

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá en Madrid a iniciativa Memoria Dixital de Galicia no Foro “Cultura Intelixente”, organizado pola entidade estatal Red.es.

Empregados públicos da administración autonómica, local e estatal participan no II Encontro sobre Administración Electrónica

Empregados públicos da administración autonómica, local e estatal participan no II Encontro sobre Administración Electrónica

Empregados públicos da Administración autonómica, local e estatal asistirán os vindeiros días, 23 e 24 de marzo, ao II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos cidadáns", na Cidade da Cultura.

O hipersector TIC galego rexistra en 2015 máis de 120 novas empresas

O hipersector TIC galego rexistra en 2015 máis de 120 novas empresas

O hipersector TIC galego concentra un total de 3.320 empresas e dá emprego a 21.255 persoas, o que sitúa a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área. Son as cifras que sinala o estudo sobre o hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Xunta abre a convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

A Xunta abre a convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

Dende mañá e ata o 20 de abril empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de banda larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

O Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R facilitaranlles este ano acceso a redes de ata 350 Mbps a 11 polígonos industriais da provincia de Pontevedra

O Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R facilitaranlles este ano acceso a redes de ata 350 Mbps a 11 polígonos industriais da provincia de Pontevedra

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 11 polígonos da provincia de Pontevedra. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores.

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador galego R facilitaranlles este ano o acceso a redes de ata 350mbps a 10 polígonos industriais da provincia de A Coruña

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador galego R facilitaranlles este ano o acceso a redes de ata 350mbps a 10 polígonos industriais da provincia de A Coruña

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 10 polígonos da provincia de A Coruña. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro.

A Xunta ampliará o catalógo de servizos dixitais aos concellos

A Xunta ampliará o catalógo de servizos dixitais aos concellos

A Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) un convenio de colaboración para facilitarlles ás entidades locais a implantación da Administración electrónica. O acordo pon á disposición dos concellos unha carteira inicial de ferramentas como as notificacións electrónicas, a acreditación dixital, a Plataforma de Interoperabilidade, ou a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, que se irán ampliando de xeito progresivo.

A Amtega abre a convocatoria do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Amtega abre a convocatoria do programa de innovación social dixital CeMIT-Innova

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou hoxe a apertura da convocatoria do Programa de innovación social dixital CeMIT-Innova, que se pechará o 31 de marzo. Os detalles da convocatoria déronse a coñecer durante  o  taller práctico sobre Metodoloxías participativas aplicadas ao deseño de proxectos, enmarcado no Programa.

A participación nesta xornada, á que asistiron máis de 60 axentes das aulas CeMIT, é un requisito imprescindible para presentar candidatura como proxecto innovador no Programa CeMIT-Innova 2017.

A Amtega aproba o plan de acción 2017 con 40 programas para avanzar na dixitalización dos servizos públicos, de sectores estratéxicos da economía e na extensión de redes ultrarrápidas na comunidade

A Amtega aproba o plan de acción 2017 con 40 programas para avanzar na dixitalización dos servizos públicos, de sectores estratéxicos da economía e na extensión de redes ultrarrápidas na comunidade

O Plan de Acción 2017 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 40 programas, dotados con preto de 83 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, dixitalizar os sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.