A Xunta salienta a cohesión de equipos directivos como clave para impulsar o crecemento e a competitividade empresarial

A Xunta salienta a cohesión de equipos directivos como clave para impulsar o crecemento e a competitividade empresarial

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe a creación e axeitada cohesión de equipos directivos como unha das claves para impulsar o crecemento e a competitividade das empresas. Durante a súa intervención nunha xornada técnica organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) -que abordou o tamaño e outros factores críticos do éxito empresarial- destacou tamén que as empresas deben combinar a incorporación de novos sistemas técnicos coa mellora das capacidades do capital humano para consolidarse e medrar.

Máis dun cento de profesionais asistirán a #SilverBullet17 para coñecer o último en xestión de proxectos TI

Máis dun cento de profesionais asistirán a #SilverBullet17 para coñecer o último en xestión de proxectos TI

Máis dun cento de profesionais vinculados á xestión de proxectos TI van participar o día 11 de maio en #SilverBullet17, o I Congreso de Xestión de Proxectos, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia (Amtega). Trátase dun foro dirixido a empresas e profesionais, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área.

A Xunta destaca a utilización das novas tecnoloxías como unha das claves para mellorar a competitividade empresarial

A Xunta destaca a utilización das novas tecnoloxías como unha das claves para mellorar a competitividade empresarial

O director do Igape, Juan Cividanes salientou esta tarde os avances na implantación da Industria 4.0 como unha das claves para mellorar a competitividade empresarial facilitando a incorporación á xestión de novas tecnoloxías e a xestión intelixente e masiva de datos (Big Data) para optimizar procesos e produtos.

Fegaus e a Amtega organizan, a través da rede Cemit, 14 xornadas sobre o manexo de móbiles e tablets dirixidas ás persoas maiores

Fegaus e a Amtega organizan, a través da rede Cemit, 14 xornadas sobre o manexo de móbiles e tablets dirixidas ás persoas maiores

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece dous ciclos formativos sobre o manexo de móbiles e tablets.

O primeiro itinerario formativo, que comezou o pasado 12 de maio e rematará o 23 de xuño leva por título “Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrecee está destinado a persoas cun nivel de uso inicial das novas tecnoloxías.

O CPETIG e a Amtega celebran a III edición do Scratch Day o 27 de maio na Cidade da Cultura

O CPETIG e a Amtega celebran a III edición do Scratch Day o 27 de maio na Cidade da Cultura

O vindeiro 27 de maio terá lugar na Cidade da Cultura o III Scratch Day, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O encontro sobre programación informática está dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos, que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais.

Declaración Institucional con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Declaración Institucional con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

O Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información apela este ano ao “Big Data for Big Impact” para destacar a importancia de explorar o potencial dos grandes volumes de datos, como un elemento chave para identificar novas oportunidades que contribúan a abordar creativamente os desafíos do desenvolvemento sostible.

A Xunta estenderá a educación plenamente dixital a 10.000 alumnos o vindeiro curso

A Xunta estenderá a educación plenamente dixital a 10.000 alumnos o vindeiro curso

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aposta da Xunta por estender a educación 100% dixital a ata 10.000 alumnos o vindeiro curso 2017-18. “Isto supón que se incorporen ao ensino plenamente dixital 2800 alumnos máis que os 7.200 que o reciben hoxe nos 107 centros que xa empregan o libro dixital”, dixo.

Cultura, a Amtega e a Fegamp unen forzas a prol da innovación nos servizos bibliotecarios galegos

Cultura, a Amtega e a Fegamp unen forzas a prol da innovación nos servizos bibliotecarios galegos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a integración de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O CDTIC da Amtega organiza dúas sesións formativas sobre como establecer e usar licenzas libres nas empresas

O CDTIC da Amtega organiza dúas sesións formativas sobre como establecer e usar licenzas libres nas empresas

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza dúas sesións de formación relacionadas co software libre. Cos títulos “Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa” e “Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa”, impartiranse nas instalacións do Centro en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 13.30 horas os días 23 e 30 de maio respectivamente.

A Amtega lanza o Plan de software libre 2017 con 110 actuacións, o 35% das cales son en colaboración cos axentes galegos do sector

A Amtega lanza o Plan de software libre 2017 con 110 actuacións, o 35% das cales son en colaboración cos axentes galegos do sector

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade.