Arranca o proxecto ARPAD que dotará Galicia dun arquivo dixital único para todas as administracións públicas da Comunidade
Arranca o proxecto ARPAD que dotará Galicia dun arquivo dixital único para todas as administracións públicas da Comunidade
O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto coa directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asistiu hoxe á reunión de lanzamento do Proxecto ARPAD, que ten como obxectivos a creación do Arquivo Dixital de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.