A Xunta instalará unha nova torre e realizará melloras no centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e de Coirós reciban un mellor sinal de TDT

Luns 11 de Novembro de 2013

A Xunta instalará unha nova torre e realizará melloras no centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e de Coirós reciban un mellor sinal de TDT

A nova torre, de 30 metros de altura, permitirá solucionar os problemas de cobertura de TDT detectados ata o momento nestas localidades, que afectaban a todas as canles, a excepción de TVE

Producirase, ademais, un cambio na frecuencia de emisión do múltiple autonómico que pasará a emitir na canle 58 e que afectará á emisión dos programas TVG, TVG2 e VTelevisión

A Xunta de Galicia instalará o vindeiro luns, 11 de novembro, unha nova torre de soporte e mellorará o equipamento do centro emisor de Oza-Cesuras para que máis de 800 veciños deste municipio e do de Coirós reciban con maior calidade o sinal de TDT. Para acometer estas obras, o Goberno galego investirá un total de 50.000 euros.

A nova torre, de 30 metros de altura, permitirá solucionar os problemas de cobertura de TDT detectados ata o momento nestas localidades, que afectaban a todas as canles, a excepción de Televisión Española.

Durante a realización dos traballos de levantamento da torre e traslado e instalación do equipamento na nova ubicación, producirase un corte na emisión de todas as canles de televisión, agás TVE, que se están a emitir actualmente desde o centro. Está previsto que dito corte comece o luns 11 ás 12:00 horas e se prolongue ata o martes 12 ás 18:00 horas. A maiores, producirase un cambio na frecuencia de emisión do múltiple autonómico que pasará a emitir na canle 58 e que afectará á emisión dos programas TVG, TVG2 e VTelevisión.

Para poder sintonizar as canles que ofrece a TDT, os interesados deben, en primeiro lugar, dispoñer da cobertura deste centro, podendo confirmar tanto o centro servidor correspondente a cada zona como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154-, ou na web da Oficina Técnica da TDT -www.tdtgalicia.es-.

Unha vez rematados os traballos, para poder visualizar os programas da TVG, TVG2 e de V Televisión, basta con realizar unha busca na canle 58 no televisor/sintonizador. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

As entidades de poboación afectadas polo corte e o cambio de frecuencia son:

 

Concello

Parroquia

Nome da entidade

Número de habitantes

OZA - CESURAS

A REGUEIRA (SANTA MARÍA)

A REGUEIRA

25

OZA - CESURAS

A REGUEIRA (SANTA MARÍA)

COIROA

36

OZA - CESURAS

A REGUEIRA (SANTA MARÍA)

O IGREXARIO

26

OZA - CESURAS

BORRIFÁNS (SAN PEDRO)

SAN GREGORIO

2

OZA - CESURAS

BRAGADE (SAN MAMEDE)

A PONTE

16

OZA - CESURAS

BRAGADE (SAN MAMEDE)

AS PARDIÑAS

10

OZA - CESURAS

BRAGADE (SAN MAMEDE)

O PEREIRO

21

OZA - CESURAS

BRAGADE (SAN MAMEDE)

SAN MAMEDE

9

OZA - CESURAS

BRAGADE (SAN MAMEDE)

SOXAL

12

OZA - CESURAS

OZA (SAN PEDRO)

LOIS

222

OZA - CESURAS

OZA (SAN PEDRO)

PAIO

1

OZA - CESURAS

PARADA (SANTO ESTEVO)

A AVIEIRA

7

OZA - CESURAS

PARADA (SANTO ESTEVO)

FRAÍS

147

OZA - CESURAS

PARADA (SANTO ESTEVO)

O ENXERTADO

53

OZA - CESURAS

PARADA (SANTO ESTEVO)

O OUTEIRO

43

OZA - CESURAS

PARADA (SANTO ESTEVO)

PARADA

32

OZA - CESURAS

TRASANQUELOS (SAN SALVADOR)

FORNELOS

4

OZA - CESURAS

TRASANQUELOS (SAN SALVADOR)

O VILAR

29

OZA - CESURAS

TRASANQUELOS (SAN SALVADOR)

TRASANQUELOS

74

COIRÓS (A CORUÑA)

SANTA MARIÑA DE LESA (SANTA MARIÑA)

MERILLE

53