A Amtega concede o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con software libre a unha aplicación web para o eido da pesca
A Amtega concede o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con software libre a unha aplicación web para o eido da pesca
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) concedeu o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Licenza Libre 2013 a Pablo Belay polo proxecto Xeopesca. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo Consorcio para o desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) dentro do convenio de colaboración que mantén coa Amtega..
Ademais, concedeuse un segundo premio a Esperanza Natalia González polo proxecto Abioxénese, cunha dotación económica de 750€ achegados pola Asociación GPUL.