O Centro Demostrador de Galicia celebra a vindeira semana un ciclo de talleres de capacitación en realidade virtual para pemes
Os empresarios interesados poderanse inscribir no portal web do Centro Demostrador TIC http://cdtic.xunta.es/inscribir
O Centro Demostrador TIC de Galicia acollerá a próxima semana un ciclo de Talleres de Capacitación sobre Realidade Virtual para PEMES organizado pola entidade pública Red.es (www.red.es) do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo en colaboración coa Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O primeiro dos talleres, “Aplicacións da realidade virtual e a realidade aumentada na empresa” terá lugar o 26 de novembro de 10:00 a 14:30, está dirixido a directivos xerentes, directores de proxecto, xefes de oficina técnica e directores comerciais. Este seminario, de carácter divulgativo, comezará cunha charla maxistral impartida polo recoñecido experto nacional e internacional Miguel Motos, director do Area de Realidade Virtual, 3D e Simulación da empresa Ingevideo, S.A. A continuación presentaranse as diversas aplicacións e posibilidades que ofrece a Realidade Virtual e Aumentada na fabricación industrial, na construción, no turismo, formación ou sanidade.
O resto dos talleres, de carácter máis técnico, están dirixidos a profesionais dos sectores TIC, industrial, arquitectura e deseño, retail, audiovisuais e comunicación. A través destas sesións proporcionarase coñecementos básicos nas tecnoloxías de realidade aumentada e realidade virtual: que son, para que serven, como é a creación de contidos, cal é o uso básico do motor de renderizado en tempo real UNITY3D e de que ferramentas de software libre dispoñemos. A programación dos seminarios é a seguinte:
“Introdución a xeración de aplicacións de Realidade Virtual”, martes 27 de novembro de 10:00 a 14:30
“Creación de contados 3D para Realidade Virtual”, mércores 28 de novembro de 10:00 a 14:30
“Realidade Virtual na web. UNITY3D”, xoves 29 de novembro de 10:00 a 14:30
“Xeración de aplicación de Realidade Aumentada”, venres de novembro de 10:00 a 14:30
A asistencia é de balde condicionada ao aforo do local e previa inscrición on line a través do portal web do Centro Demostrador TIC (http://cdtic.xunta.es/formacion).
CDTIC
O Centro Demostrador TIC, posto en marcha pola Xunta de Galicia, constitúe un espazo de referencia co obxecto de difundir as vantaxes da incorporación das TIC nas pemes, impulsando a creación de espazos de encontro entre a oferta do sector TIC e a potencial demanda das pemes, difundir as vantaxes da incorporación das TIC aos procesos produtivos, facilitar a transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre o sector TIC e as pemes, así como a de asesorar, capacitar e formar tecnoloxicamente ás empresas.
El Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública empresarial Red.es e a Xunta de Galicia.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Este proxecto púidose levar a cabo grazas ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais, a través da entidade pública empresarial Red.es, que se encarga de fomentar o desenvolvemento do entorno produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e a sociedade da información.