Preto dun centenar de emprendedores e empresarios coñeceron as vantaxes da aplicación das tecnoloxías ás pemes no Centro Demostrador de Galicia
Participaron durante outubro e novembro nun programa formativo posto en marcha por Red.es en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Nos cinco talleres celebrados os asistentes adquiriron coñecementos sobre comercio electrónico, redes sociais, trámites online e outras solucións tecnolóxicas para mellorar os seus negocios
Preto dun centenar de empresarios e emprendedores participaron durante os meses de outubro e novembro nun programa formativo destinado á integración TIC das pequenas e medianas empresas da Comunidade. Esta iniciativa, desenvolveuse no Centro Demostrador TIC de Galicia grazas á colaboración entre Red.es, entidade dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Este proxecto, que conta coa cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), desenvolveuse en dous bloques formativos e constou de cinco talleres diferentes.
En concreto, na semana do 15 ao 19 de outubro, celebráronse os talleres ‘Traballo en orden e seguridade’, ‘Xestiono a miña empresa eficazmente’ e ‘Mobilidade. O Meu negocio na nube’, que de forma gradual ensinaron aos participantes nocións básicas de elementos e ferramentas que nos ofrece hoxe en día o mundo 2.0 e que nos poden axudar a mellorar as xestións diarias da nosa empresa, así como a realización de diferentes trámites online a través dos portais dixitais das administracións.
Por outro lado, do 12 ao 15 de novembro, los alumnos adquiriron coñecementos sobre comercio electrónico e redes sociais, grazas aos cursos ‘Comercio electrónico’ e ‘O Meu negocio na Rede’. Ademais, no caso da primeira acción formativa, completouse a parte teórica coa charla maxistral de Carlos Otero, especialista en marketing online e comercio electrónico, e a presentación da iniciativa comerciogalicia.es, unha iniciativa da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio.
Segundo os cuestionarios de calidade realizados polos participantes á finalización de cada taller, o grao de satisfacción dos mesmos foron bastante altos e, en moitos casos, expresaron o seu desexo de realizar máis accións formativas deste tipo para lograr a especialización.
CDTIC
O Centro Demostrador TIC, posto en marcha pola Xunta de Galicia, constitúe un espazo de referencia co obxecto de difundir as vantaxes da incorporación das TIC nas pemes, impulsando a creación de espazos de encontro entre a oferta do sector TIC e a potencial demanda das pemes, difundir as vantaxes da incorporación das TIC aos procesos produtivos, facilitar a transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre o sector TIC e as pemes, así como a de asesorar, capacitar e formar tecnoloxicamente ás empresas.
O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública empresarial Red.es e a Xunta de Galicia.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
este proxecto púidose levar a cabo grazas ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o que permite contribuír a mellorar a cohesión social das rexións españolas mediante a corrección dos principais desequilibrios rexionais, a través da entidade pública empresarial Red.es, que se encarga de fomentar o desenvolvemento do entorno produtivo, o desenvolvemento tecnolóxico e a sociedade da información.