9 de cada 10 galegos xa teñen pleno acceso á Internet e anúnciase a posta en marcha do último eixe do Plan de Banda Larga, que garantirá a incorporación dixital do 100%
9 de cada 10 galegos xa teñen pleno acceso á Internet e anúnciase a posta en marcha do último eixe do Plan de Banda Larga, que garantirá a incorporación dixital do 100%
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá que 9 de cada 10 galegos xa teñen pleno acceso á internet e avanzou a posta en marcha do último eixo do Plan de Banda Larga, que garantirá a incorporación dixital do 100% dos galegos. “Estamos cumprindo os obxectivos en prazo e en forma. A día de hoxe, xa están en marcha 5 das 6 actuacións que recolle o Plan e neste ano 2012, imos impulsar o sexto eixo, que nos permitirá poder cubrir a través de tecnoloxía satélite o 6% da poboación galega á que non podemos chegar con outro tipo de despregamentos”.