Economía e Industria ofrece aplicacións on line para calcular o aforro que supoñen as medidas de eficiencia enerxética nos fogares
Economía e Industria ofrece aplicacións on line para calcular o aforro que supoñen as medidas de eficiencia enerxética nos fogares
A Consellería de Economía e Industria, na súa aposta pola promoción do aforro e da eficiencia enerxética, ofrece a través do Instituto Enerxético de Galicia tres simuladores online cos que se pode comprobar de forma práctica as posibilidades de aforro enerxético e económico nos fogares galegos adoptando medidas de eficiencia enerxética.