Mar Pereira avoga pola suma de esforzos para poñer en marcha proxectos tractores que impulsen a transformación tecnolóxica
Mar Pereira avoga pola suma de esforzos para poñer en marcha proxectos tractores que impulsen a transformación tecnolóxica
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe a 17 edición de Galicia TIC poñendo en valor a capacidade do sector tecnolóxico galego e a importancia de cooperar e sumar esforzos para poñer en marcha proxectos tractores que impulsen a transformación tecnolóxica da Comunidade.