A Xunta avanza na construción da Memoria Dixital de Galicia

Mércores 20 de Febreiro de 2019

A Xunta avanza na construción da Memoria Dixital de Galicia

A Memoria Dixital de Galicia, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura e Turismo avanza na conservación e universalización do patrimonio galego coa dixitalización dos fondos documentais de vinte entidades públicas e privadas sen fins de lucro, beneficiarias dunha liña de axudas da  Xunta.

A Biblioteca da Cidade da Cultura acolleu hoxe unha xornada de traballo na que unha trintena de profesionais das entidades beneficiarias coñeceron da man dos técnicos das áreas de Arquivos, Museos e Bibliotecas da Administración autonómica os requisitos e protocolos para a dixitalización dos seus fondos documentais e a súa futura incorporación a Galiciana. O encontro foi inaugurado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Manuel Vila.