Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios ou a industria

Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios ou a industria

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.

A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal

A Xunta estuda novas liñas de colaboración coa asociación PuntoGal

A Xunta de Galicia  analizará novas novas liñas de colaboración coa Asociación PuntoGal, segundo avanzou hoxe a directora da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Rosa Méndez, na apertura do encontro dos Geotlds, esta mañá en Santiago de Compostela.

Geotlds, integra arredor de 90 rexistradores de dominios de cidades, rexións ou comunidades lingüísticas, que abordarán ata o día 13 diferentes temas de interese para o colectivo como a lexislación relativa á protección de datos, ou liñas estratéxicas de márketing.

Máis dunha vintena de profesionais e estudantes inician o primeiro curso de especialista universitario en 5G de Galicia

Máis dunha vintena de profesionais e estudantes inician o primeiro curso de especialista universitario en 5G de Galicia

Os 23 matriculados no primeiro Curso de Especialista Universitario en tecnoloxías de Quinta xeración 5G recibiron hoxe a benvida da directora da Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, na xornada inaugural que se celebrou esta mañá na Escola de Enxeñaría en Telecomunicacións.
 

A Xunta organiza este mércores unha xornada para presentar os casos de uso 5G que se desenvolverán en Galicia

A Xunta organiza este mércores unha xornada para presentar os casos de uso 5G que se desenvolverán en Galicia

A Cidade da Cultura acolle o vindeiro día 18 de setembro a Xornada “Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso”, na que se darán a coñecer os 17 pilotos que se están a desenvolver en Galicia baseados nesta tecnoloxía. O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Retegal, afondará nas vantaxes desta tecnoloxía para cuxo despregamento a Unión Europea esixe aos Estados membros realizar, previamente, casos de uso.

A Xunta presenta aos axentes do sector agrogandeiro a iniciativa Primare de inspeccións intelixentes

A Xunta presenta aos axentes do sector agrogandeiro a iniciativa Primare de inspeccións intelixentes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organiza o vindeiro 17 de setembro en Forcarei a primeira xornada “Primare Demo-Days” para dar a coñecer as oportunidades e retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ para a automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).

A Xunta pilotará a plataforma Primare para as inspeccións intelixentes e a agricultura avanzada en 3.000 parcelas galegas

A Xunta pilotará a plataforma Primare para as inspeccións intelixentes e a agricultura avanzada en 3.000 parcelas galegas

Un total de 90 axentes do sector agrogandeiro participaron hoxe en Forcarei na primeira xornada “Primare Demo-Days”, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’ da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
 

Galicia desenvolverá 17 casos de uso e pilotos de 5G nas sete grandes cidades

Galicia desenvolverá 17 casos de uso e pilotos de 5G nas sete grandes cidades

A Cidade da Cultura acolle hoxe a Xornada “Os retos do 5G en Galicia. Casos de uso”, na que se presentan os 17 casos de uso 5G que se van a desenvolver na Comunidade. O encontro foi inaugurado pola directora da  Axencia para a Modernización  Tecnolóxica de Galicia ( Amtega), Mar Pereira, e o  CEO de Mobile World Capital Barcelona, Carlos Grau, que previamente formalizaron un acordo para establecer diferentes liñas de colaboración entre o Observatorio Nacional 5G e a  Amtega no marco do Plan Galicia 5G.

A Xunta sitúa a ciberseguridade nos piares da Estratexia Dixital de Galcia para a vindeira década

A Xunta sitúa a ciberseguridade nos piares da Estratexia Dixital de Galcia para a vindeira década

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que a “ciberseguridade é un elemento chave” no proceso de transformación dixital que estamos a vivir e un dos vectores sobre os que se está a elaborar a estratexia dixital de Galicia para a próxima década. A responsable da política tecnolóxica da Xunta inaugurou esta mañá o I Congreso de ISACA en Santiago, que reúne a preto dun cento de profesionais do ámbito da ciberseguridade. 

A Amtega pon en marcha unha nova edición do plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020

A Amtega pon en marcha unha nova edición do plan DigiTalent con 36 iniciativas para o curso 2019/2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Plan DigiTalent para o curso 2019/2020 con 36 iniciativas, 13 máis que na anterior edición, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

Unha nova app sobre o patrimonio xacobeo en 3D e tours virtuais promoverá os Camiños de Santiago en Europa

Unha nova app sobre o patrimonio xacobeo en 3D e tours virtuais promoverá os Camiños de Santiago en Europa

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación dos primeiros resultados do Creative Loci Iacobi, un dos proxectos europeos nos que a Xunta vén participando nos últimos anos coa vista posta no vindeiro Xacobeo 21 e que permite aplicar novas tecnoloxías para promover o Camiño de Santiago en Europa, tanto entre os peregrinos e potenciais turistas como entre os investigadores.