O Gaiás aocolle hoxe a World Robot Olympiad no marco das actividades do plan Digitalent da Amtega

O Gaiás aocolle hoxe a World Robot Olympiad no marco das actividades do plan Digitalent da Amtega

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen hoxe ao Gaiás a World Robot Olympiad Galicia 2019 (WRO), unha olimpíada de robótica educativa de alcance internacional, que se celebra anualmente e que, cada ano, xira ao redor dunha temática diferente. Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais.

A Xunta e Vodafone poñen en marcha en Galicia o programa DigiCraft no teu cole para reforzar as competencias dixitais dos rapaces

A Xunta e Vodafone poñen en marcha en Galicia o programa DigiCraft no teu cole para reforzar as competencias dixitais dos rapaces

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Fundación Vodafone España veñen de asinar un convenio para reforzar as competencias dixitais nas aulas coa programa “DigiCraft no teu cole”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa.

A Xunta inicia os foros de debate con axentes económicos sociais para elaborar a Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Xunta inicia os foros de debate con axentes económicos sociais para elaborar a Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Xunta avanza no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa celebración na primeira semana de xullo do foros de debate profesional aos que están convocados axentes sociais e económicos da Comunidade. Estas xornadas, organizadas pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia.

Mar Pereira sinala que a implantación das tecnoloxías disruptivas, como a intelixencia artificial, require dun enfoque multidisciplinar

Mar Pereira sinala que a implantación das tecnoloxías disruptivas, como a intelixencia artificial, require dun enfoque multidisciplinar

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, Mar Pereira sinalou hoxe que aplicación das tecnoloxías disruptivas ten un importante potencial para o desenvolvemento económico de España, pero que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais. 

Ábrese o prazo de preinscrición do primeiro Curso de Especialista 5G de Galicia, impulsado pola Xunta e a Universidade de Vigo

Ábrese o prazo de preinscrición do primeiro Curso de Especialista 5G de Galicia, impulsado pola Xunta e a Universidade de Vigo

O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo,  enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G. 

A posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado mes de febreiro.

A Xunta aborda hoxe con axentes económicos e sociais os retos do territorio intelixente no primeiro Foro da Estratexia Dixital 2030

A Xunta aborda hoxe con axentes económicos e sociais os retos do territorio intelixente no primeiro Foro da Estratexia Dixital 2030

 
Profesionais do sector primario, forestal, turístico e tecnolóxico, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Ourense as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edg2030) para aplicar a tecnoloxía á xestión territorial intelixente. Nesta primeira xornada o debate xirará en torno á conectividade de altas capacidades, ao incremento da competitividade do sector primario, o reto demográfico, os novos modelos de transporte e a eficiencia enérxica.
 

O segundo foro da Estratexia Dixital 2030 aborda hoxe en Santiago os retos da educación, a saúde e a cultura para a vindeira década

O segundo foro da Estratexia Dixital 2030 aborda hoxe en Santiago os retos da educación, a saúde e a cultura para a vindeira década

Profesionais do ámbito educativo, sociosanitario e cultural, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Santiago as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno á educación, a saúde, o benestar e o ámbito cultural. 
 

Os retos da economía e o mercado laboral centran o terceiro foro de debate da Estratexia Dixital 2030, que se celebra hoxe en Vigo

Os retos da economía e o mercado laboral centran o terceiro foro de debate da Estratexia Dixital 2030, que se celebra hoxe en Vigo

 

Profesionais de recursos humanos, do ámbito forestal, medioambiental, de diferentes sectores empresariais, industriais, asociacións de consumidores e representantes do terceiro sector xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe en Vigo as liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edg2030) para aplicar a tecnoloxía aos retos en torno ao mercado laboral, a adaptación ao cambio climático e á economía dixital.

A Xunta pecha os foros de debate profesionais da Estratexia Dixital 2030 facendo foco nas tecnoloxías de vangarda e no talento TIC

A Xunta pecha os foros de debate profesionais da Estratexia Dixital 2030 facendo foco nas tecnoloxías de vangarda e no talento TIC

 

Representantes do hipersector TIC, de grandes empresas, asociacións empresariais, centros tecnolóxicos, colexios profesionais, e de grupos de investigación, xunto con responsables de diferentes departamentos da Administración autonómica e da universidade, abordan hoxe na Coruña posibles liñas de actuación da futura Estratexia Dixital de Galicia 2030 (edeg2030) para posicionar a Galicia nas tecnoloxías de vangarda e impulsar o talento dixital.

Alastria e a Amtega abordan nunha xornada as oportunidades e os retos da tecnoloxía blockchain para sectores estratéxicos da economía galega

Alastria e a Amtega abordan nunha xornada as oportunidades e os retos da tecnoloxía blockchain para sectores estratéxicos da economía galega

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Alastria organizan o vindeiro mércores, na Cidade da Cultura, unha xornada sobre os retos e oportunidades que ofrece a aplicación da tecnoloxía blockchain en distintos ámbitos estratéxicos de Galicia.