Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, un 10% máis que o ano anterior

Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, un 10% máis que o ano anterior

Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, experimentando un aumento do 10,3% no último ano. No caso das empresas de 10 ou máis empregados, a porcentaxe supera o 87%, por riba da media española, o que sitúa a Galicia no quinto posto da comparativa por Comunidades Autónomas, por diante de Madrid, Cataluña ou País Vasco. No caso concreto do sector TIC galego o uso do software libre xa acada o 89,7%.
 

O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño

O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen ao Gaiás a World Robot Olympiad – Galicia do ano 2019 (WRO – Galicia). Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais.

A Xunta e o Estado crean un grupo de traballo para mellorar a integración das plataformas tecnoloxícas do ámbito xudicial

A Xunta e o Estado crean un grupo de traballo para mellorar a integración das plataformas tecnoloxícas do ámbito xudicial

A sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acolleu esta semana a constitución dun grupo de traballo integrado por representantes da Xunta e do Ministerio de Xustiza para avanzar de xeito conxunto na transformación dixital da Xustiza. No encontro, participaron a directora da Amtega, Mar Pereira; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; e a directora xeral de Modernización do Ministerio de Xustiza, Sofía Duarte; e a secretaria da Sala de Goberno do TSXG, Concepción Otero, xunto con técnicos de ambas administracións.

Educación convoca a terceira semana STEM, para que o alumnado galego amplíe os seus coñecementos científico-tecnolóxicos

Educación convoca a terceira semana STEM, para que o alumnado galego amplíe os seus coñecementos científico-tecnolóxicos

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de convocar a terceira edición da Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), o campamento de innovación educativa da Xunta de Galicia dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano.

A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio

A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio

Un ano máis, a Rede CeMIT celebra o Día Mundial de Internet,  que terá lugar o vindeiro 17 de maio, cunha programación especial de actividades durante a segunda quincena de maio, que se suma ás iniciativas que diariamente se realizan desde a Rede CeMIT na que se ofrecerán máis de 240 actividades e 2.000 horas de formación.

As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como finalidade sensibilizar á sociedade galega sobre as posibilidades do uso da internet e así como da redución da fenda dixital e do fomento do uso seguro e responsable.

A Xunta inicia a elaboración da Estratexia dixital de Galicia 2030, folla de ruta para afrontar os retos da futura dixitalización na vindeira década

A Xunta inicia a elaboración da Estratexia dixital de Galicia 2030, folla de ruta para afrontar os retos da futura dixitalización na vindeira década

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, durante a rolda de prensa de Consello, da aprobación do inicio do proceso de elaboración da Estratexia dixital de Galicia 2030. Unha folla de ruta para a vindeira década destinada a que a Comunidade estea preparada para afrontar os retos da futura dixitalización e poida beneficiarse das oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Máis polo miúdo, o titular do Goberno galego explicou que esta nova estratexia pivotará sobre 4 piares que estarán aliñados coas políticas europeas da futura dixitalización.

Galicia é a segunda comunidade na que máis se incrementou o uso de internet entre as persoas maiores de 55 a 64 anos desde 2011

Galicia é a segunda comunidade na que máis se incrementou o uso de internet entre as persoas maiores de 55 a 64 anos desde 2011

A idade é un dos factores determinantes no uso da internet. En Galicia os maiores de 55 anos representan preto do 40% da poboación e nese punto márcase unha importante fenda no acceso á rede. De feito, a porcentaxe de uso entre os galegos de menos de 44 anos sitúase en valores próximos ao 100% mentres que os que maiores de 55 non chegan ao 65%. 

Declaración institucional con motivo do Día de Internet

Declaración institucional con motivo do Día de Internet

A innovación tecnolóxica ten un papel chave á hora de mellorar o desenvolvemento económico, facilitar a inclusión social e permitir unha mellor protección do medio ambiente. 

Por iso este ano o Día de Internet pon de relevo a contribución da tecnoloxía para acelerar a consecución dos 17 Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, que Nacións Unidas presentou en 2015 para construír un mundo mellor. 

A directora da Amtega sinala que a transformación dixital permitirá á administración pública ofrecer uns servizos personalizados e proactivos

A directora da Amtega sinala que a transformación dixital permitirá á administración pública ofrecer uns servizos personalizados e proactivos

Pasar dunha Administración reactiva e xeneralista a uns servizos públicos proactivos e personalizados é un dos obxectivos principais do Plan de Administración e Goberno Dixital 2020, que está a desenvolver a Xunta de Galicia. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a súa intervención esta mañá no Digital Enterprise Show (DES) 2019, que se está a celebrar en Madrid.

Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios

Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios.