O experto internacional en ciberseguridade, David Finn, inicia unha serie de relatorios tecnolóxicos da Amtega

O experto internacional en ciberseguridade, David Finn, inicia unha serie de relatorios tecnolóxicos da Amtega

Baixo o tíutlo: Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura” o director executivo da organización CleanApps.org, David Finn contou a  o historia de internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e o fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas.

Feijóo salienta que a Lei de Administración Dixital permitirá universalizar o uso e o acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais

Feijóo salienta que a Lei de Administración Dixital permitirá universalizar o uso e o acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do Proxecto de Lei de administración dixital de Galicia, que permitirá consolidar unha administración integramente dixital e universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais.

Arrinca startups R Dico Challenge con cinco proxectos empresariais que aplican os contidos dixitais a diferentes ámbitos

Arrinca startups R Dico Challenge con cinco proxectos empresariais que aplican os contidos dixitais a diferentes ámbitos

A aceleradora de contidos dixitais Startups R Dico Challenge, impulsada polo operador galego e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ponse en marcha cos cinco proxectos selecccioados polo comité evaluador do programa (2 representantes de R e 2 da Amtega, coa colaboración e asesoramento da CRTVG, que mentorizará un dos retos).  

O CDTIC da Amtega organiza o 3 de abril unha sesión sobre facturascripts dirixida ás empresas

O CDTIC da Amtega organiza o 3 de abril unha sesión sobre facturascripts dirixida ás empresas

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza o día 3 de abril, en horario de 16.30 a 18.30, nas súas instalacións de Santiago a sesión demostradora “Xestiona o día a día da túa empresa con Facturascripts” (https://cdtic.xunta.gal/facturascripts2019).

A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega convoca máis de 550 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 550 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A Amtega licita a plataforma que permitirá á televisión pública autonómica ofrecer contidos dixitais innovadores

A Amtega licita a plataforma que permitirá á televisión pública autonómica ofrecer contidos dixitais innovadores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou este mes de marzo a licitación para deseñar e implementar unha plataforma de contidos interactivos para a Televisión de Galicia, que ofrecerá ás persoas máis novas experiencias dixitais formativas adaptadas aos hábitos de consumo actuais. É unha das iniciativas enmarcadas no Plan DicoMinset para impulsar o sector dos contidos dixitais en Galicia.

A Xunta aborda cos xuíces a evolución do Plan Senda para a dixitalización da xustiza en Galicia

A Xunta aborda cos xuíces a evolución do Plan Senda para a dixitalización da xustiza en Galicia

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá unha das xuntanzas de traballo de seguimento do Plan Senda 2020 para a modernización da Xustiza en Galicia. No encontro participaron o vicepresidente e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica en Galicia (Amtega), Mar Pereira; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, así como os presidentes das Audiencias provinciais e os xuíces decanos.

A Amtega publica como software libre novas versións do seu arquetipo para desenvolver aplicacións web

A Amtega publica como software libre novas versións do seu arquetipo para desenvolver aplicacións web

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica como software libre novas versións do seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións web. O código fonte liberado baixo unha licenza de software libre pode atoparse xa no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/).

A Amtega organiza o 10 de abril no CDTIC o segundo encontro sobre a solución de almacenamento masivo de datos “Ceph”

A Amtega organiza o 10 de abril no CDTIC o segundo encontro sobre a solución de almacenamento masivo de datos “Ceph”

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizará o vindeiro día 10 de abril o segundo encontro sobe Ceph tralo éxito da primeira xornada celebrada o pasado ano, na que asistentes e poñentes amosaron a súa satisfacción e interese en repetir.

A xornada leva por título “II encontro sobre Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD” (https://cdtic.xunta.gal/ceph-ii) e celebrarase nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela de 9.15 a 14.30 horas. 

Conde destaca a importancia da colaboración para que o tecido produtivo poida afrontar o reto da transformación dixital

Conde destaca a importancia da colaboración para que o tecido produtivo poida afrontar o reto da transformación dixital

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na Coruña a importancia da colaboración entre administracións, universidades, centros de coñecemento e empresas para que o tecido produtivo da Comunidade poida afrontar o reto da transformación dixital.