O Parlamento aproba a Lei de Administración Dixital de Galicia que busca universalizar o uso e o acceso aos servizos públicos dixitais
O Parlamento aproba a Lei de Administración Dixital de Galicia que busca universalizar o uso e o acceso aos servizos públicos dixitais
O Parlamento de Galicia deu hoxe o visto e prace á Lei da Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA), o marco xurídico para consolidar unha administración integramente dixital e universalizar e seu uso e acceso a toda a cidadanía. Complétase así o trámite parlamentario, tras o período de exposición pública e tras ser aprobada na mesa de persoal da Xunta co voto unánime de todas as organizacións sindicais.