A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións achegarán as novas tendencias tecnolóxicas a cidadáns e empresas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG)  renovan a súa colaboración coa sinatura dun acordo que, entre outras actuacións, permitirá realizar este ano talleres abertos e gratuítos sobre novas tendencias  tecnolóxicas como a Intelixencia Artificial, a Realidade Aumentada ou o 5G

A Xunta motiva ás nenas e mulleres novas ao emprendemento tecnolóxico para acadar unha maior presenza feminina nas TIC

A Xunta motiva ás nenas e mulleres novas ao emprendemento tecnolóxico para acadar unha maior presenza feminina nas TIC

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, interviñeron hoxe no Día Internacional das Rapazas nas TIC, acto dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das tecnoloxías de comunicación e información, así como ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia. No acto participaron máis de 400 alumnos e alumnas de primaria e secundaria.

A Xunta activa axudas por 3,8M€ para impulsar a modernización e dixitalización do comercio de proximidade

A Xunta activa axudas por 3,8M€ para impulsar a modernización e dixitalización do comercio de proximidade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria activa un novo programa de apoios dotado con 3,8 millóns de euros para impulsar a modernización e dixitalización do comercio de proximidade galego. A convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), céntrase na dixitalización, na mellora da imaxe tanto dixital como física dos locais, na expansión comercial e nas novas fórmulas de comercialización, ademais de no equipamento de ferramentas que melloren o produto final.

A Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Amtega realiza unha xornada de manexo da nova páxina web do deporte galego para as federacións deportivas de Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Amtega realiza unha xornada de manexo da nova páxina web do deporte galego para as federacións deportivas de Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte, da man da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) realizou no día de hoxe unha xornada formativa centrada na xestión de contidos do novo portal de Deporte galego dirixida ás 58 federacións deportivas de Galicia.

A reunión, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, contou cunha nutrida representación federativa e serviu para que os usuarios e usuarias destas entidades poidan comezar a publicar e modificar contido propio nas seccións de ‘Novas’ e ‘Axenda de eventos’.

A Amtega e o CPEIG realizarán este ano preto de 50 actividades de impulso ás vocacións STEM e de formación especializada para profesionais TIC

A Amtega e o CPEIG realizarán este ano preto de 50 actividades de impulso ás vocacións STEM e de formación especializada para profesionais TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa a desenvolver as medidas previstas na Axenda Dixital de Galicia 2020 en colaboración cos axentes do sector. Con este obxectivo, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), Fernando Suárez, renovaron recentemente a cooperación que veñen mantendo nos últimos anos coa sinatura dun acordo con tres liñas de actuación, que se desenvolverán ao longo deste ano.

Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, un 10% máis que o ano anterior

Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, un 10% máis que o ano anterior

Seis de cada dez microempresas galegas emprega software libre, experimentando un aumento do 10,3% no último ano. No caso das empresas de 10 ou máis empregados, a porcentaxe supera o 87%, por riba da media española, o que sitúa a Galicia no quinto posto da comparativa por Comunidades Autónomas, por diante de Madrid, Cataluña ou País Vasco. No caso concreto do sector TIC galego o uso do software libre xa acada o 89,7%.
 

O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño

O Plan Digitalent da Amtega e Arkitas traen ao Gaiás a World Robot Olympiad, que se celebrará o 15 de xuño

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Arkitas Robótica S.L., en calidade de aliado dixital da Xunta, traen ao Gaiás a World Robot Olympiad – Galicia do ano 2019 (WRO – Galicia). Esta actividade enmárcase nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais.

A Xunta e o Estado crean un grupo de traballo para mellorar a integración das plataformas tecnoloxícas do ámbito xudicial

A Xunta e o Estado crean un grupo de traballo para mellorar a integración das plataformas tecnoloxícas do ámbito xudicial

A sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acolleu esta semana a constitución dun grupo de traballo integrado por representantes da Xunta e do Ministerio de Xustiza para avanzar de xeito conxunto na transformación dixital da Xustiza. No encontro, participaron a directora da Amtega, Mar Pereira; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; e a directora xeral de Modernización do Ministerio de Xustiza, Sofía Duarte; e a secretaria da Sala de Goberno do TSXG, Concepción Otero, xunto con técnicos de ambas administracións.

Educación convoca a terceira semana STEM, para que o alumnado galego amplíe os seus coñecementos científico-tecnolóxicos

Educación convoca a terceira semana STEM, para que o alumnado galego amplíe os seus coñecementos científico-tecnolóxicos

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de convocar a terceira edición da Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), o campamento de innovación educativa da Xunta de Galicia dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano.

A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio

A Rede CeMIT conmemora o Día Mundial de Internet cunha programación especial durante a segunda quincena de maio

Un ano máis, a Rede CeMIT celebra o Día Mundial de Internet,  que terá lugar o vindeiro 17 de maio, cunha programación especial de actividades durante a segunda quincena de maio, que se suma ás iniciativas que diariamente se realizan desde a Rede CeMIT na que se ofrecerán máis de 240 actividades e 2.000 horas de formación.

As actividades programadas desde a Rede CeMIT con motivo deste día teñen como finalidade sensibilizar á sociedade galega sobre as posibilidades do uso da internet e así como da redución da fenda dixital e do fomento do uso seguro e responsable.