A Xunta e Telefónica abrirán en 2018 unha nova edición de Galicia Open Future para impulsar o emprendemento no ámbito da Industria 4.0

A Xunta e Telefónica abrirán en 2018 unha nova edición de Galicia Open Future para impulsar o emprendemento no ámbito da Industria 4.0

A Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0”, un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras. O Consello do Goberno galego autorizou hoxe a sinatura do convenio entre a Administración autonómica e o operador, que contará cun investimento total de preto dun millón de euros ata 2019, dos cales a Xunta achegará 570.000 euros e Telefónica 425.000 euros.

O CDTIC da Amtega acolle a presentación dos programas de Red.es de Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital para pemes

O CDTIC da Amtega acolle a presentación dos programas de Red.es de Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital para pemes

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 19 de decembro, unha xornada de presentación dos programas Asesores Dixitais e Oficinas de Transformación Dixital (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-red-es) que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela en horario de 16.30 a 18.00 horas.

A Xunta comeza a renovación dos equipos nos centros educativos que empregan o libro dixital coa distribución de 1.200 ultraportátiles

A Xunta comeza a renovación dos equipos nos centros educativos que empregan o libro dixital coa distribución de 1.200 ultraportátiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital.

As bibliotecas públicas municipais de Ames, Teo, Oroso e Brión xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede de Bibliotecas de Galicia

As bibliotecas públicas municipais de Ames, Teo, Oroso e Brión xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede de Bibliotecas de Galicia

A Xunta, a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acaba de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oroso; de Bertamiráns e Milladoiro (Ames); dos Tilos e Grilo (Teo); e de Brión.

As bibliotecas públicas municipais de A Laracha, Cambre, Carral, Carballo e Culleredo xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede Bibliotecas de Galicia

As bibliotecas públicas municipais de A Laracha, Cambre, Carral, Carballo e Culleredo xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede Bibliotecas de Galicia

A Xunta a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), veñen de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas e Axencias de Lectura Municipais de A Laracha, Cambre, Carral, Carballo e Culleredo.

As bibliotecas públicas municipais de Fene e Narón xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede de Bibliotecas de Galicia

As bibliotecas públicas municipais de Fene e Narón xa ofrecen acceso ao catálogo único da Rede de Bibliotecas de Galicia

A Xunta, a través da Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acaba de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de Fene e Narón. Durante o mes de xaneiro tamén disporán deste servizo as bibliotecas de Cedeira e As Pontes de García Rodríguez.

Máis de 1.000 empresas de 51 polígonos industriais xa teñen acceso a internet de ata 350Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 1.000 empresas de 51 polígonos industriais xa teñen acceso a internet de ata 350Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Plan de Banda Larga da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (Amtega), pechou 2017 con 51 polígonos con acceso a internet de redes ultrarrápidas. Máis de 1.000 empresas instaladas nestes recintos empresariais poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

A Amtega colabora co proxecto de software libre Ansible contribuíndo coa liberación de código para a automatización de tarefas TIC

A Amtega colabora co proxecto de software libre Ansible contribuíndo coa liberación de código para a automatización de tarefas TIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colabora co proxecto de software libre Ansible a través da publicación de código que permite a automatización da configuración e despregue de diversos servizos en infraestruturas TIC.

Traballadores sociais de máis de 200 concellos teñen acceso á Historia Social Única Electrónica da Xunta

Traballadores sociais de máis de 200 concellos teñen acceso á Historia Social Única Electrónica da Xunta

Máis de 200 concellos formalizaron xa a súa adhesión á Historia Social  Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.

A Xunta lanza unha nova liña do Plan de Banda Larga para despregar redes de 100 megas en núcleos rurais de menos de 150 habitantes

A Xunta lanza unha nova liña do Plan de Banda Larga para despregar redes de 100 megas en núcleos rurais de menos de 150 habitantes

A Xunta lanza unha nova actuación do seu Plan de Banda Larga 2020 para facilitar o acceso a internet, cun mínimo de 100 Mbps de velocidade, en núcleos de menos de 150 habitantes. Con este obxectivo o Consello do Goberno galego aprobou hoxe unha liña de axudas a operadores de telecomunicacións cun importe de 14,2 millóns de euros para despregar redes ultrarrápidas en zonas do rural que non contan con esta cobertura nin previsión de dispoñer destas redes.