O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en núcleos de menos de 150 habitantes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en núcleos de menos de 150 habitantes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para despregar redes de cando menos 100 megas en entidades de poboación do rural que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo.

A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre do ano unha nova sede electrónica centrada nos servizos aos cidadáns

A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre do ano unha nova sede electrónica centrada nos servizos aos cidadáns

A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre deste ano unha nova sede electrónica, centrada nos servizos ao cidadán, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa.

A Xunta pon en marcha o Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade, que porá á disposición dos viaxeiros un transporte público máis accesible

A Xunta pon en marcha o Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade, que porá á disposición dos viaxeiros un transporte público máis accesible

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade, que porá á disposición dos viaxeiros un transporte público máis accesible. Unha iniciativa que beneficiará aos 20 millóns de viaxeiros que anualmente empregan as máis de 1.300 liñas e as máis de 14.100 paradas existentes na Comunidade, así como un mellor servizo tanto para os que o prestan –os operadores- como para os que o utilizan.

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega abre mañá o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 19 de febreiro e rematará o 25 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de maio.

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R completan este ano a conexión a internet de velocidade ultrarrápida en 26 polígonos da provincia

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R completan este ano a conexión a internet de velocidade ultrarrápida en 26 polígonos da provincia

O Plan de Banda Larga da Xunta chegará este ano a 4 novas superficies empresariais, acadando así un total de 26 polígonos conectados a redes ultrarrápidas na provincia. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro.

A Xunta activa novas convocatorias para facilitar a mellora da competitividade das empresas a través do programa ReAcciona

A Xunta activa novas convocatorias para facilitar a mellora da competitividade das empresas a través do programa ReAcciona

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa novas convocatorias do programa ReAcciona para as empresas que queiran mellorar a súa competitividade. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC ¬–que se desenvolveu nun marco de colaboración Igape-Amtega–, concedeu durante o último ano axudas por 2,3 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en pemes galegas.

A Xunta informa en Vigo sobre as novas liñas de dixitalización e comercialización para impulsar o comercio e a artesanía

A Xunta informa en Vigo sobre as novas liñas de dixitalización e comercialización para impulsar o comercio e a artesanía

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, mantivo hoxe en Vigo un encontro con comerciantes no que se lles informou e se lles resolveu as súas dúbidas sobre as axudas da Xunta para apoiar este ano, con preto de 4,5 millóns de euros, a modernización e impulso do pequeno comercio e dos obradoiros artesanais galegos.

A través de tres iniciativas, financiaranse proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización; dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais; e programas da competitividade da artesanía galega.

A directora da Amtega recibe aos responsables do operador Adamo, que lle presentaron o seu plan de despregamento na provincia de Lugo

A directora da Amtega recibe aos responsables do operador Adamo, que lle presentaron o seu plan de despregamento na provincia de Lugo

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, recibiu a mañá do martes 6 de febreriro de 2018 a responsables do operador Adamo, que lle explicaron o seu plan de despregamento en Galicia.  A empresa ten previsto estender fibra óptica en 38 concellos da provincia de Lugo de xeito progresivo durante os vindeiros tres anos.

A Xunta expón ao sector TIC a súa aposta pola cualificación especializada a través das unidades formativas na empresa

A Xunta expón ao sector TIC a súa aposta pola cualificación especializada a través das unidades formativas na empresa

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, salientou hoxe en Santiago nun encontro que mantivo cos axentes do sector TIC galego, incluíndo tamén emprendedores, a aposta da Xunta por este eido ofrecendo unha formación especializada en consonancia coas demandas das empresas, que se traduce, en palabras de Marnotes, na creación de máis e mellores postos de traballo.