O CDTIC virtual da Amtega amplía a súa oferta de aplicacións libres cunha nova solución para a monitorización de sistemas informáticos

O CDTIC virtual da Amtega amplía a súa oferta de aplicacións libres cunha nova solución para a monitorización de sistemas informáticos

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a súa oferta de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa inclusión de Zabbix. Esta nova solución permite a monitorización dos servizos e do hardware despregados nunha rede de ordenadores, tanto internamente nunha organización, como os que se teñan dispoñibles a través de Internet. Esta solución permite ter en todo momento información sobre o seu funcionamento, a carga de traballo ou o tráfico que soportan, por exemplo.

A Amtega e o CPEIG reunirán casos de éxito profesional na “xornada transformación dixital e talento” o día 16 de outubro en Santiago

A Amtega e o CPEIG reunirán casos de éxito profesional na “xornada transformación dixital e talento” o día 16 de outubro en Santiago

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizan a “Xornada Transformación Dixital e Talento”, un evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro.

O luns 16 de outubro comeza a quincena da Ciberseguridade en 6 aulas da rede CeMIT

O luns 16 de outubro comeza a quincena da Ciberseguridade en 6 aulas da rede CeMIT

A formación en materia de Ciberseguridade centra as actividades da próxima quincena en seis aulas da rede CeMIT, que xestiona  a Amtega. Estas actividades formativas, de balde e abertas a toda a cidadanía, desenvolveranse en xornadas de 3 horas desde as 11 da mañá ata as 2 da tarde, de luns a xoves, desde o 16 ata o 26 de outubro.

A EOI, Orange e a Xunta presentan á Rede CeMIT o programa “Sé Dixital” que facilita a capacitación dixital de pemes e emprendedores

A EOI, Orange e a Xunta presentan á Rede CeMIT o programa “Sé Dixital” que facilita a capacitación dixital de pemes e emprendedores

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) e o operador de telecomunicacións Orange organizan o día 19 de outubro a xornada de presentación do programa “Sé Dixital”, que se retransmitirá desde as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia a través de videoconferencia a 11 aulas CeMIT en horario de 10.00 a 11.00 h.

“Sé Dixital”, un programa de adaptación á nova economía dixital

A Lei de administración dixital de Galicia permitirá un marco normativo único para ofrecer servizos máis proactivos e personalizados

A Lei de administración dixital de Galicia permitirá un marco normativo único para ofrecer servizos máis proactivos e personalizados

A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, lembrou hoxe que a Xunta iniciou a elaboración da Lei de Administración dixital de Galicia, que dotará á Comunidade dun marco normativo único que eliminará a dispersión normativa existente, potenciará un novo modelo de complementariedade entre administracións e permitirá ofrecer unha maior eficacia, eficiencia e simplificación dos procedementos.

Mar Pereira destaca a contribución do Software Libre á transformación dixital como solución competitiva para modernizar sectores estratéxicos

Mar Pereira destaca a contribución do Software Libre á transformación dixital como solución competitiva para modernizar sectores estratéxicos

Máis de 200 empresas e 60 relatores abordan hoxe e mañá o uso das tecnoloxías libres na Industria 4.0 e nos sectores primarios na LibreCon2017, organizada pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e a Federación Nacional de Empresas de Software Libre (Asolif) e que conta co apoio da Xunta, a través da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Gain e Igape.

A Amtega e o CPEIG fomentan as vocacións tecnolóxicas entre os estudantes de ensino secundario

A Amtega e o CPEIG fomentan as vocacións tecnolóxicas entre os estudantes de ensino secundario

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirán en diversas localidades galegas charlas de Transformación Dixital e Talento. A iniciativa diríxese a estudantes de secundaria e ten como obxectivo fomentar as vocacións nos estudos relacionados co sector TIC, un dos máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais.

A EGAP impulsa o avance da Administración electrónica dentro da Xunta de Galicia a través da formación

A EGAP impulsa o avance da Administración electrónica dentro da Xunta de Galicia a través da formación

Esta mañá deu comezo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso monográfico para dar a coñecer o novo marco normativo de aplicación en materia de Administración electrónica. Grazas a esta actividade máis de trescentas persoas puideron coñecer as novidades máis salientables que achega a este eido a nova lexislación administrativa básica. 

Á sesión de apertura asistiron a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.

Mar Pereira destaca a importancia da capacitación dixital en todos os ámbitos profesionais

Mar Pereira destaca a importancia da capacitación dixital en todos os ámbitos profesionais

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, indicou hoxe que “os cambios derivados da transformación dixital requiren profesionais con novas competencias e habilidades”, e de aí a importancia de que as universidades dean reposta con formación especializada, non só para profesionais TIC senón para perfís doutros ámbitos.  

Comeza a segunda edición do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’

Comeza a segunda edición do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’

O programa Vodafone Connecting for Good Galicia deu comezo hoxe á súa segunda edición. O acto de inauguración tivo lugar no Gaiás coa benvida institucional aos seis proxectos emprendedores de innovación social que integran a segunda edición desta iniciativa, impulsada pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia.