A Xunta destina 155.300 euros na modernización e mellora da imaxe do comercio de proximidade do Salnés

A Xunta destina 155.300 euros na modernización e mellora da imaxe do comercio de proximidade do Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 155.300 euros para 19 negocios da comarca do Salnés que poderán así reformar ou acondicionar os seus locais, ou buscar asesoramento dun xestor de redes.

A Amtega colabora coa entidade de formación da ONCE, FSC Inserta, para facilitar o acceso ao certificado galego de competencias dixitais en ofimática a persoas con discapacidade

A Amtega colabora coa entidade de formación da ONCE, FSC Inserta, para facilitar o acceso ao certificado galego de competencias dixitais en ofimática a persoas con discapacidade

A Asociación para el Empleo y la Formación de Personas con Discapacidad, FSC Inserta, entidade de formación e emprego da Fundación ONCE, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen colaborando desde o ano 2016 na formación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) a persoas en situación de desemprego con discapacidade igual ou superior ao 33%, para facilitar o seu acceso ao mercado laboral .

Mar Pereira sinala que o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos incrementa os dereitos dos cidadáns e implica un maior compromiso das administracións públicas e das empresas

Mar Pereira sinala que o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos incrementa os dereitos dos cidadáns e implica un maior compromiso das administracións públicas e das empresas

Reforzar a confianza dos cidadáns no uso dos servizos dixitais é un dos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020 e o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos incrementa os dereitos dos cidadáns e implica un maior compromiso das administracións públicas e das empresas neste ámbito. Así o sinalou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira na clausura da Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Feijóo garante o compromiso coa transformación dixital de Galicia promovendo o acceso e impulsando novos perfís profesionais

Feijóo garante o compromiso coa transformación dixital de Galicia promovendo o acceso e impulsando novos perfís profesionais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso coa transformación dixital de Galicia promovendo o acceso de todos os galegos e impulsando novos perfís profesionais.

A Amtega e Orange organizan en outubro trece talleres gratuítos sobre o uso de dispositivos móbiles para persoas maiores

A Amtega e Orange organizan en outubro trece talleres gratuítos sobre o uso de dispositivos móbiles para persoas maiores

A iniciativa “Ao lado dos nosos maiores” desenvolverá 13 talleres gratuítos sobre o uso de dispositivos móbiles para maiores entre o 2 e o 20 de outubro. Por terceiro mes consecutivo o operador de telecomunicacións Orange en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ofrecerán nas aulas CeMIT de trece municipios galegos xornadas, cunha duración máxima de 2 horas, impartidas por persoal da multinacional, que facilitará as tabletas e móbiles para realizar as actividades do curso.

Ampliado ata o 6 de outubro o prazo de presentación de candidaturas ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

Ampliado ata o 6 de outubro o prazo de presentación de candidaturas ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía o prazo de presentación de candidaturas á X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre ata o vindeiro día 6 de outubro para facilitar a inscrición aos alumnos que teñan presentado o seu proxecto nos tribunais no mes de setembro.
 

A Amtega convoca máis de 600 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Amtega convoca máis de 600 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 600 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX).

A Xunta avoga por impulsar as vocacións tecnolóxicas e a capacitación dixital para adaptar os perfís profesionais á demanda do mercado laboral

A Xunta avoga por impulsar as vocacións tecnolóxicas e a capacitación dixital para adaptar os perfís profesionais á demanda do mercado laboral

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, indicou hoxe que para garantir que a actual transformación dixital sexa inclusiva é “preciso facilitar o acceso a novas habilidades dixitais e camiñar cara á hibridación entre o mundo humanístico e tecnolóxico”. 

Oito de cada dez galegos emprega a internet, un 6% máis que hai un ano

Oito de cada dez galegos emprega a internet, un 6% máis que hai un ano

O 79,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 6,4%, con respecto ao ano anterior, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5%). O crecemento máis importante rexístrase no tramo de idade dos 65 aos 74 anos, onde o uso da rede sube un 45% respecto ao ano anterior.

Máis de 30 empresas do polígono industrial de Ordes contan con acceso a Internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 30 empresas do polígono industrial de Ordes contan con acceso a Internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 30 empresas do polígono industrial de Ordes dispoñen de cobertura de redes ultrarrápidas de ata 350Mbps e preto do 50% delas xa contrataron os servizos de R e desenvolven a día de hoxe a súa actividade conectadas a estas redes de última xeración. A de Ordes é unha das 81 das superficies empresariais de toda Galicia que se están a beneficiar do Plan de Banda Larga 2020, impulsado pola Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.