A Xunta licita o equipamento para a rede dixital de vixilancia forestal

A Xunta licita o equipamento para a rede dixital de vixilancia forestal

 

O operador público Retegal vén de publicar a licitación para adquisición e instalación das cámaras que integrarán a Rede de Vixilancia dos espazos forestais. Está previsto que en maio estea operativa unha primeira fase do sistema, que permitirá monitorizar o 48% do territorio, incluíndo terreos das 73 parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) definidas así no Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) da Consellería do Medio Rural.

A Xunta incorpora os contidos educativos de aulaPlaneta á plataforma do libro dixital

A Xunta incorpora os contidos educativos de aulaPlaneta á plataforma do libro dixital

 

A iniciativa do libro dixital E-Dixgal conta cun novo provedor de contidos: aulaPlaneta. Deste xeito cúmprese cunha das medidas de mellora previstas pola Xunta para impulsar a educación dixital en Galicia. Así o expuxeron esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral da área de Educación do Grupo Planeta, Pablo Lara.

A Amtega e FEGAUS organizan en 18 aulas CeMIT un ciclo de xornadas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores

A Amtega e FEGAUS organizan en 18 aulas CeMIT un ciclo de xornadas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores

 

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de iniciar un ciclo de vinte charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores.  

O CDTIC da Amtega presenta o 27 de febreiro dous novos programas formativos nunha xornada sobre as tendencias en marketing dixital e comercio electrónico

O CDTIC da Amtega presenta o 27 de febreiro dous novos programas formativos nunha xornada sobre as tendencias en marketing dixital e comercio electrónico

 

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presenta, o día 27 de febreiro, os dous novos programas formativos que vai poñer en marcha,  #MesD e #DemosXWeb, no marco da Xornada: “Marketing Dixital e Comercio Electrónico: Tendencias 2018-2020” (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-novos-programas-cdtic).

A AMTEGA e a fundación Vodafone impulsan o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores a través de rede CeMIT

A AMTEGA e a fundación Vodafone impulsan o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores a través de rede CeMIT

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Fundación Vodafone, pon en marcha preto de 40 actividades formativas en diversas localidades con aula CeMIT destinadas a introducir principalmente ás persoas maiores de 45 anos no manexo dos teléfonos móbiles “intelixentes” e das tabletas, así como nos seus diferentes usos e aplicacións.

A Xunta completa a renovación de máis de 400 portátiles nos oito centros educativos das comarcas da Mariña que empregan libros dixitais

A Xunta completa a renovación de máis de 400 portátiles nos oito centros educativos das comarcas da Mariña que empregan libros dixitais

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de completar a renovación de 403 ultraportátiles para o alumnado dos 8 centros educativos das Comarcas da Mariña adheridos á iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar.

A Xunta completa a renovación de máis de 1.100 portátiles nos once centros educativos da comarcas de Santiago, Ordes e Sar que empregan libros dixitais

A Xunta completa a renovación de máis de 1.100 portátiles nos once centros educativos da comarcas de Santiago, Ordes e Sar que empregan libros dixitais

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de completar a renovación de 1.111 ultraportátiles para o alumnado dos 11 centros educativos das Comarcas de Santiago, Ordes e Sar adheridos á iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar.

A Xunta completa a renovación de máis de 130 portátiles nos tres centros educativos da comarca de Bergantiños que empregan libros dixitais

A Xunta completa a renovación de máis de 130 portátiles nos tres centros educativos da comarca de Bergantiños que empregan libros dixitais

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de completar a renovación de 133 ultraportátiles para o alumnado dos 3 centros educativos da Comarca de Bergantiños adheridos á iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar.

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R cumprirán este ano o obxectivo de conectar a redes de ata 350mbps a 28 polígonos industriais da provincia de Pontevedra

O Plan de Banda Larga da Xunta e o operador R cumprirán este ano o obxectivo de conectar a redes de ata 350mbps a 28 polígonos industriais da provincia de Pontevedra

 

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a outros 9 polígonos pontevedreses, acadando así un total de 28 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas este ano. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o secretario territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ramón Pereiro.

A Xunta comunícalle aos empresarios do polígono das Somozas a inminente implantación da conexión ultrarrápida a internet

A Xunta comunícalle aos empresarios do polígono das Somozas a inminente implantación da conexión ultrarrápida a internet

 

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá nunha reunión con empresarios do parque empresarial das Somozas na que adiantou a inminente implantación da conexión ultrarrápida a internet, dentro do Plan de Banda Larga que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa operadora R.