A Xunta garantirá que todos os polígonos industriais públicos novos ou ampliados que se constrúan conten co equipamento necesario para facilitar o acceso á Internet
A Xunta garantirá que todos os polígonos industriais públicos novos ou ampliados que se constrúan conten co equipamento necesario para facilitar o acceso á Internet
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a remisión ao Consello Consultivo dun novo decreto que garantirá que todos os polígonos industriais públicos novos ou ampliados se constrúan co equipamento necesario para o acceso á Internet.
Feijóo subliñou que ao remate deste ano, 81 polígonos terán acceso a redes de ata 350 megas que, sumados aos que xa contaban con este tipo de acceso á Internet, farán posible que se chegue a máis do 93% da superficie empresarial ocupada.