A Amtega convoca o I Premio Son Dixital para recoñecer as mellores iniciativas de Innovacion Social Dixital da Rede CeMIT

A Amtega convoca o I Premio Son Dixital para recoñecer as mellores iniciativas de Innovacion Social Dixital da Rede CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre hoxe a convocatoria da I edición dos premios Son Dixital, á que poderán presentarse todos os proxectos de Innovación Social Dixital desenvolvidos desde as aulas CeMIT e a súa rede de entidades aliadas durante as tres edicións do proxecto CeMIT-Innova.

A Amtega concede o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre a Pablo Grela polo proxecto Radiocom

A Amtega concede o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre a Pablo Grela polo proxecto Radiocom

Hoxe fallouse o premio da X edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG.
 

Conde sinala o compromiso dos orzamentos de 2018 coa mellora da competitividade industrial a través de novos programas que integrarán a dixitalización nas pemes galegas

Conde sinala o compromiso dos orzamentos de 2018 coa mellora da competitividade industrial a través de novos programas que integrarán a dixitalización nas pemes galegas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe o compromiso do Goberno galego coa mellora da competividade industrial a través dos orzamentos para o ano 2018 que inclúen novos programas que integrarán a dixitalización nas pemes galegas. O conselleiro asistiu á xornada Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega, organizada en Vigo polo Consello Económico e Social (CES) de Galicia en colaboración co Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta, a través do Igape.

Amtega organiza o 9 de novembro unha xornada sobre as novidades da solución NextCloud para almacenamento de ficheiros na nube

Amtega organiza o 9 de novembro unha xornada sobre as novidades da solución NextCloud para almacenamento de ficheiros na nube

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar unha das solucións libres que ofrece para que empresas e usuarios poidan probar de xeito gratuíto. Trátase da solución de almacenamento e compartición de ficheiros na nube que pasa a estar baseada na solución NextCloud.

A Rede CeMIT participa nun encontro de Dinamizadores das Redes de Telecentros a nivel nacional

A Rede CeMIT participa nun encontro de Dinamizadores das Redes de Telecentros a nivel nacional

Os dinamizadores das aulas CeMIT dos concellos de Cerceda, Cuntis, Fisterra, Oroso, Ortigueira e Santa Comba participarán  este mércores e xoves, 8 e 9 de novembro, no Encontro de Dinamizadores de Redes de Telecentros “Changemakers: Dinamizadores do cambio”. Estas xornadas están organizadas pola Asociación Comunidade de Redes de Telecentros de España, da que a Rede CeMIT de Galicia é membro.

A Xunta destaca a importancia da ciberseguridade para protexer os servizos públicos e xerar un clima de confianza nos usuarios

A Xunta destaca a importancia da ciberseguridade para protexer os servizos públicos e xerar un clima de confianza nos usuarios

A transformación dixital converteu a ciberseguridade nun elemento inherente ao funcionamento de empresas e institucións, que precisan perfís cun alto grao de especialización para implementar os seus plans de seguridade. Estes e outros retos neste eido centran a xornada Intelixencia e Ciberseguridade, que se celebra hoxe na Coruña e en cuxa inauguración participaron a directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.   

Feijoo avanza a contratación da segunda fase das obras da Cidade da Xustiza de Vigo

Feijoo avanza a contratación da segunda fase das obras da Cidade da Xustiza de Vigo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a autorización no Consello da Xunta da contratación da segunda fase das obras da Cidade da Xustiza de Vigo e prevé un prazo de execución de 21 meses.

Esta obra, que suporá unha importante mellora para os profesionais e usuarios da Xustiza en Vigo, agrupará nun mesmo espazo as 35 unidades xudiciais da cidade; con espazo para futuras ampliacións de ata 22 unidades máis; e facilitando en gran medida o traballo dos profesionais, con 36.000 metros cadrados de instalacións modernas para desenvolver o seu traballo.

A Amtega concede o premio Son Dixital á asociación Nuestra Señora de Chamorro pola iniciativa InnovaNarón

A Amtega concede o premio Son Dixital á asociación Nuestra Señora de Chamorro pola iniciativa InnovaNarón

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) seleccionou como gañador da primeira edición do Premio Son Dixital o traballo realizado polos diferentes integrantes da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, dentro da iniciativa InnovaNarón, liderada desde a aula CeMIT deste Concello, no marco do proxecto CeMIT-Innova.

A Xunta actualiza o servizo de tradución Gaio, que incorpora vocabulario específico do ámbito xurídico e administrativo

A Xunta actualiza o servizo de tradución Gaio, que incorpora vocabulario específico do ámbito xurídico e administrativo

A Xunta vén de actualizar o servizo de tradución Gaio, que incorpora tres vocabularios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo con nomenclatura das administracións galegas e nomes propios de lugares e persoas, e o xurídico con terminoloxía propia do campo xudicial e lexislativo. É unha das novidades da nova versión deste portal, que posibilita a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán.

A Xunta mellora os servizos do Cesga ao multiplicar por cinco a capacidade dos seus servidores de datos

A Xunta mellora os servizos do Cesga ao multiplicar por cinco a capacidade dos seus servidores de datos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, reforza os servizos ligados a grandes volumes de datos do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) cun novo servidor de 1,54 millóns de xigabites.